Solicitamos o arranxo integral da Rúa da Canteira

ruacanteira3.jpgruacanteira2.jpgruacanteira1.jpg

Dende o BNG de Ribeira reclamamos que o Goberno do PP de Ribeira acometa, de xeito urxente, unha actuación integral na Rúa da Canteira que supoña o arranxo do firme desta vía, a dotación de beirarrúas, de recollida de pluviais e de máis contedores

A Rúa da Canteira está situada no barrio do mesmo nombre no casco urbano de Ribeira. Esta é unha vía que está sendo usada por un intenso tráfico rodado debido ao aumento de vivendas que se construíron na zona recentemente. Esta rúa presenta numerosos baches que dificultan moito o paso de vehículos o que supón un perigo para coches e viandantes.

Asemade, os días de choiva prodúcese unha acumulación augas pluviais debido a ausencia de canalizacións para que a auga poida ser recolleita e evacuada de xeito correcto. Tamén ten partes que carecen de beirarrúas o que pon en perigo aos viandantes xa que teñen que camiñar a carón do tráfico. Neste mesmo entorno hai contedores de lixo sen anclar que o vento tira en moitas ocasións e mesmo noutras son retirados para aparcar os coches.

Para rematar, temos que denunciar que hai case un ano que a veciñanza se puxo en contacto con membros do goberno municipal para informar desta situación e que lle puxeran remedio urxente, sen que ata o momento se lle dera cumprida solución a estes problemas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.