O Grupo Municipal do BNG

Grupo Municipal 2019-2023:


 

 

 

 

 

 

1. Xosé Antonio Vázquez Cobas (de 2019 a 2022)

Veciño de Carreira nado 1957.


É Concelleiro e voceiro municipal do BNG. Licenciado en Xeografia e Historia, especialidade Historia Contemporanea na USC. Tamén se dedicou á artesanía de cerámica, alfareiro-ceramista. Actualmente traballa no Instituto Náutico Pesqueiro de Ribeira.

No ámbito social, foi socio fundador e presidente da Asociación Cultural Altofalante, continuando hoxe en día como socio. Tamén participou na constitución da Asoc. de Veciños de Carreira, da que foi vogal na primeira directiva.

É un membro activo dentro da plataforma da Sanidade Pública da Barbanza da que colabora e axuda desde a súa constitución. Participa doutras plataformas veciñais e reivindicativas.

Leva ás costas máis de 12 anos de militancia.

Afeccionado á música tradicional galega, é alumno de gaita.

2. Luís Antonio Pérez Barral

É de Ribeira pero criado desde sempre en Artes polo que sempre se considerou de alí. Estudou Lingua e Literatura Galegas (filoloxía galega) cun mínor de Lingüística Xeral na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como técnico de normalización lingüística na asociación A Mesa pola Normalización Lingüística de 2017 a 2021. Actualmente traballa como técnico de normalización lingüística no Concello de Outes, posto que ocupa desde o ano 2018.

No BNG ten grande experiencia pois foi un dos concelleiros máis novos de Galiza ao tomar posesión con tan só 21 anos. Foi membro da Comisión Permanente da organización xuvenil Galiza Nova, foi membro do Consello Nacional do BNG, foi responsábel do BNG na Barbanza e actualmente é o responsábel de comunicación.

É afaccionado á fotografía.

3. Cruz Rivadulla Márquez (de 2022 a 2023)

Veciña de Oleiros. Ecoloxista e feminista


Licenciada en Químicas. Profesora de educación Secundaria , actualmente xubilada


Colabora con distintas organizacións sociais como Renacer e Unicef tamén colabora cos servizos sociais do concello. Defensora da natureza e dos animais. Cre que existe un mundo mellor e que se pode conseguir defendendo os dereitos humanos.


 

Grupo Municipal 2015-2019:


Grupo Municipal do BNG. Concelleiros BNG Ribeira.




Xosé Antonio Vázquez Cobas, voceiro e concelleiro do BNG Ribeira

1. Xosé Antonio Vázquez Cobas
Veciño de Carreira nado 1957.
É Concelleiro e voceiro municipal do BNG. Licenciado en Xeografia e Historia, especialidade Historia Contemporanea na USC. Tamén se dedicou á artesanía de cerámica, alfareiro-ceramista. Actualmente traballa no Instituto Náutico Pesqueiro de Ribeira.
No ámbito social, foi socio fundador e presidente da Asociación Cultural Altofalante, continuando hoxe en día como socio. Tamén participou na constitución da Asoc. de Veciños de Carreira, da que foi vogal na primeira directiva.
É un membro activo dentro da plataforma da Sanidade Pública da Barbanza da que colabora e axuda desde a súa constitución. Participa doutras plataformas veciñais e reivindicativas.
Leva ás costas máis de 10 anos de militancia.
Afeccionado á música tradicional galega, é alumno de gaita.


Luís Antonio Pérez Barral, concelleiro do BNG Ribeira

2. Luís Antonio Pérez Barral

Ten 24 anos e no mes de maio fará os 25. É de Ribeira pero criado desde sempre en Artes polo que sempre se considerou de alí. Está rematando os seus estudos de Lingua e literatura galegas (filoloxía galega) cun mínor de Lingüística Xeral na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente está facendo o traballo de fin de grao sobre o fenómeno lingüístico da gheada.
Ten traballado de camareiro, de monitor de ocio e tempo libre e ten dado clases particulares. Tomou posesión de concelleiro do BNG con tan só 21 anos, sendo un dos concelleiros máis novos de Galiza. É membro da Comisión Permanente de Galiza Nova onde exerce de responsable de Política Institucional.
É afaccionado á pintura e á fotografía.


Pilar Sampedro Laranga, concelleira do BNG Ribeira

3. Pilar Sampedro Laranga (de 2015 a 2018)

Nada no ano 1965. Veciña de Palmeira.
Mariscadora a pé desde hai máis de 12 anos. É autónoma e tamén ten traballado como camareira.
É titulada superior na Formación Profesional nas especialidades de Administración de Empresas e Electricidade. No sector martítimo, a candidata posúe a práctica totalidade de certificacións e titulacións requeridas: patrona polivalente, patrona portuaria, pescadora e mariñeira capacitada para buques petroleiros e mariña mercante.
Pilar é independente, mais sempre estivo vencellada ao BNG desde a súa constitución, malia que diversas cuestións laborais lle impediron a militancia activa. É unha persoa moi comprometida co país e co nacionalismo galego.


Xosé Antón Parada Fernández, concelleiro do BNG Ribeira


4. Xosé Antón Parada Ferández (de 2015 até 2017)

Nado en 1952 en Moaña e ribeirense desde hai décadas, é veciño do Touro.
Entrou en contacto co nacionalismo a finais dos anos 60. Integrouse na Frente Cultural. Formaría parte da UPG, ERGA, ANPG, BNPG e por último coa constitución do BNG, pasaría a militar nel. Traballou en asociacións de veciños/as e asociacións culturais como; O Eixo, O Galo, Xoves Culturais do Barbanza (sendo presidente). Actualmente é socio de Altofalante. Sindicalmente pertenceu á UTEG e actualmente está sindicalizado á CIG-Ensino, do que foi liberado durante dous anos. É concelleiro e traballa no I.E.S. da Pobra do Caramiñal.
Posúe unha ampla formación académica:
-Licenciado en Filosofía e Teoloxía pola Universidade de Salamanca, licenciado en Linguas Clásicas pola Universidade de Santiago (USC). Experto en Filoloxía Paleosemítica. Con Cursos pola Universidade Autónoma de Barcelona e Sorbonne V de París.
-Publicacións en revistas como “Biblica” (Roma), “Olisbos”, “A Candea”, “Esculca” e “A Nosa Terra”, ”Principia Morphologica et Syntactica Graeca” (Santiago de Compostela, 2001). Tese de doutoramento: “O tratado ‘De Alchimia’: Unha falsa atribución a Albertus Magnus Ratisbonensis. O problema da autoria nas obras alquímicas medievais”.
Actualmente está a preparar unha edición coa traducción galega do Código de Hammurabi desde o acádico directamente ao galego.
Amante da cociña.



4. Elvira Blanco Pérez (de 2018 a 2019)

É natural de Olveira.
Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e é licenciada en bioloxía.
No mundo social é unha activista pola lingua, actualmente é a responsábel local do BNG, membro do Consello Nacional do BNG e a responsábel da organización xuvenil Galiza Nova na Barbanza.
Defende unha política ecoloxista de carácter transversal, considerando a conservación do medio natural como elemento clave para o desenvolvemento endóxeno.



Grupo Municipal 2011-2015:



Concelleiros BNG Ribeira C. Queijeiro LVG. Xose Antonio Vazquez Cobas, Luis Pérez Barral, Dores Vidal Peon, Xose Anton Parada Fernandez













1.Xosé Antón Vázquez Cobas: Concelleiro, voceiro municipal do BNG, licenciado en Xeografia e Historia, especialidade Historia Contemporanea, artesán de cerámica, conserxe, traballa no Instituto Náutico Pesqueiro de Ribeira. Presidente da Asociación Cultural Altofalante. De Carreira.


 

 

Xosé Antón Parada Fernández


2.Xosé Antón Parada Fernández: Concelleiro, profesor de latín, traballa no I.E.S. da Pobra do Caramiñal. De Castiñeiras.


 

 

 

Dores Vidal Peón

3.Dores Vidal Peón: Concelleira, técnica especialista en Turismo e titulada en Filoloxía Inglesa. Traballadora da Mesa Pola Normalización Lingüística. De Ribeira.






Luís Pérez Barral

4.Luís Antonio Pérez Barral: Concelleiro e responsable de política institucional en Galiza Nova. É estudante de Filoloxía Galega, monitor de ocio e tempo libre e traballa de camareiro. De Artes.

Grupo Municipal 2007-2011:



1. Dominga Brión, de Ribeira, concelleira dende 1997 e voceira Municipal dende o 2002, responsábel de Acción Municipal do consello comarcal da Barbanza, profesora.

2. Xosé Luís Groveiro, de Artes, biólogo, profesor.

3. Ana Álvarez Becerra, de Ribeira, Concelleira dende o 2005, licenciada en psicoloxía, orientadora.


4. Luís Teira Parada, de Ribeira, licenciado en psicopedagoxía, pedagogo terapéutico, presidente da Asociación Cultural Altofalante, secretario da Confraría da Dorna, vicepresidente da AA.VV. de Abesadas e Cubeliños.


5. Ánxeles González Crujeiras, de Carreira, enxeñeira ténica forestal, técnico superior en prevención de riscos Laboráis, técnica especialista en análise química, auditora forestal, secretaria Asociación Afectados polo Parque Dunar, Vicepresidenta da Asociación Cultural Altofalante.

6. Francisco Ayaso Bretal, de Oleiros, técnico especialista de FP, fontaneiro, vicepresidente da Comunidade de Montes de Oleiros.

Grupo Municipal 2003-2007:


Maria Dominga Brión Sanmiguel.JPG

 

 

 

 

1. Maria Dominga Brión Sanmiguel

Mariano Vidal Rial

 

 

 

 

2. Mariano Vidal Rial

Marta Varela Rodríguez

 

 

 

 

3. Marta Varela Rodríguez

Luís España Muñiz

 

 

 

 

4. Luís España Muñiz

Grupo Municipal 1999-2003:


PLACIDO BETANZOS GARCIA RIBEIRA 15-02-02 FOTO SIMON BALVIS ORIGINAL DE NEGATIVO

1. Xosé Plácido Betanzos García

Mariano Vidal Rial

 

 

 

 

2.  Mariano Vidal Rial

Carlos Manuel Callón Torres

 

 

 

 

3. Carlos Manuel Callón Torres

Luís España Muñiz

 

 

 

 

4. Luís España Muñiz

Grupo Municipal 1995-1999:


Xosé Plácido Betanzos García

 

 

 

 

1. Xosé Plácido Betanzos García

Xosé Alberte Lorenzo Álbarez.

 

 

 

 

2. Xosé Alberte Lorenzo Álvarez

Santiago Páramo Aller

 

 

 

 

3. Santiago Páramo Aller

4 comentarios en «O Grupo Municipal do BNG»

  1. Temos postas moitas esperanzas en vos. Agardan 4 anos de traballo, pero se o facedes ben o premio será un novo goberno para a Centenaria. Non me vai a dar pasado o tempo coas ansias de velo. Animo e moitos éxitos. 😉

  2. Vaia plantel! Que con tan boa xente teñamos que seguir gobernados por “lucianos”, “sieiras”, “viruchas” e compañía é unha gran peniña…

    Moito protestar e logo en vez de ir a votar quedamos na casa para que nos sigan gobernando os mesmos…

    E que faltou tan pouco… que casi me olvido felicitarvos e desexarvos o mellor! 🙂

  3. Bueno, en vista de que nadie se digna en comentar algo sobre el nuevo grupo municipal del BNG, tendré que ser yo el primero, en primer lugar quiero felicitar a los nuevos 4 concejales y en segundo lugar ofercerles mi ayuda si en algo la precisan.

    Un cordial saludo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.