Os autobuses sairán ás 10.00 horas dende a estación de autobuses con paradas en todos os concellos da Barbanza.
Iniciativa Municipal
O BNG presentou iniciativas nos concellos da Barbanza para solicitar que se apoie activamente a manifestación convocada pola Plataforma Queremos Galego en defensa do noso idioma que terá lugar o próximo 17 de Maio, en Santiago de Compostela.
Tamén reclamará ao Pleno que rexeite as “Bases para o Decreto de Plurilingüismo” feitas públicas pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, e que reafirme o compromiso municipal co consenso estabelecido, no ámbito do ensino, no Plano Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado de xeito unánime polo Parlamento de Galiza en setembro de 2004.
Do mesmo xeito, demandarase da Corporación que manifeste a súa adhesión ao texto da “Iniciativa Popular pola Garantía dos Dereitos Lingüísticos”, promovida pola Plataforma Queremos Galego.
Allí estaré!
nunca fun a unha manifestasión e non vou romper a tradisión pero esa firma vouna botar con justo. Mañán as dose paso polo mercadillo.
Allí estaré! LOL