O BNG presenta iniciativas para mellorar a accesibilidade e a organización de eventos e feiras en Ribeira

No Concello de Ribeira vense desenvolvendo desde hai xa algúns anos a feira mariñeira e artesanal coñecida como “ArteMar”. Dita celebración consta de diversas actividades, entre as que se atopa a instalación de postos artesanais ao longo das céntricas rúas Galiza, Manuel Lustres Rivas, Santa Uxía e avenida do Malecón así como na praza do concello e no novo Mercado Municipal de Ribeira.Rúa Galicia Ribeira. BNG. Foto: LaVozdeGalicia


A organización da feira neste ano 2015 foi bastante caótica xa que se instalaron demasiados postos no tramo da rúa de Galiza que vai desde o Mercado Municipal até a intersección coa rúa Rosalía de Castro o que fixo que os postos tapasen escaparates de establecementos comerciais locais. Así mesmo, a rúa Rosalía de Castro ou o tramo da rúa peonil de Galiza comprendido entre a praza de Otero Goyanes e a praza de Compostela non tiñan nin un só posto, polo que esta zona tiña moi pouca afluencia de persoas.


Eventos Concello de Ribeira. BNG. Foto: LaVozdeGaliciaVemos xa que logo, como esta feira prexudicou o noso pequeno comercio ben por exceso de postos tapando comercios locais nunha determinada zona, ben por non haber ningún posto noutras rúas que dinamizase o fluxo de xente.


Outro dos temas do que é sabedor o goberno municipal é que as actividades realizadas nos andares superiores do Mercado Municipal tales como a mostra de artesanía e obras artistas da bisbarra, actuacións musicais e teatrais, espectáculos e talleres gastronómicos, degustacións, etc foron inaccesíbeis para as persoas con problemas de mobilidade.


Isto supón un feito deplorábel xa que as persoas con mobilidade reducida víronse excluídas de participar ou desfrutar destas actividades e, polo tanto, viron vulnerados os seus dereitos máis fundamentais como o da igualdade e ao libre acceso como calquera outro cidadán.Accesibilidade. BNG. Concello de Ribeira


Ante estes graves feitos, o edil Luís Pérez Barral en nome do BNG de Ribeira pregunta e fai as seguintes propostas: 


A) Que o goberno do Concello de Ribeira mellore a organización e a instalación de postos artesanais da feira artesanal e mariñeira “ArteMar” e doutros eventos de cara o ano 2016 evitando a saturación dunha zona e a falta de postos noutras.
B) Tiña o goberno do Concello de Ribeira coñecemento antes da inauguración da feira que os ascensores do Mercado Municipal non podían empregarse?
C) Que o Concello de Ribeira non realice ningunha actividade nas instalación municipais que non sexan accesíbeis e adaptados a persoas con mobilidade reducida ou non cumpran cos estándares e normas de accesibilidade e mobilidade universais até que estean adecuados.


Video da rolda de prensa: O BNG pide ao goberno de Ribeira mellorar a organización das feiras

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.