O BNG preocupado polas posibles restricións ao tráfico no porto de Ribeira

Despois das actuacións levadas a cabo no peirao de Palmeira para prohibir o estacionamento e dificultar a mobilidade, mostramos a nosa preocupación polas posibles restricións ao tráfico rodado dentro do recheo portuario de Ribeira.

Cremos que a situación do tráfico en Ribeira é mala pero pode empeorar aínda máis de se confirmar que Portos vai prohibir a circulación de vehículos polo recheo portuario agás “abonados”, tal e como indican os sinais instalados na última actuación promovida por Portos.

O concelleiro nacionalista, Luís Pérez Barral, reclama que se invistan cartos na mellora do mantemento dos peiraos, melloren a iluminación, a seguridade e paren de facer actuacións que espertan malestar social entre a xente. O edil lamenta que as dúas administracións gobernadas polo PP, Portos de Galiza e Concello de Ribeira, estean máis centradas en “facer actuacións sen consenso que prexudican o día a día da veciñanza no canto de buscar solucións aos problemas existentes nos portos, que son moitos”.

Por todos estes motivos desde o BNG imos pedir que Ruiz Rivas dea explicacións sobre este asunto porque “chove sobre mollado” e confirme se o recheo pasará a ter restricións de tráfico para a veciñanza de Ribeira ou non porque “os sinais que se instalaron non presaxian nada bo”. Reclamamos tamén que non se restrinxa o acceso ao porto a só “abonados” como poñen os sinais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.