O BNG insta a acelerar as obras do Parque García Bayón

O BNG ribeirense instou ao goberno municipal a acelerar, na medida do posíbel, as obras de reforma do parque García Bayón coa finalidade de evitar o trastorno económico que lle está supoñendo para os establecementos comerciais da zona.

O concelleiro Luís Pérez Barral argumentou que os negocios que hai nesa área de lecer precisan que as obras estean listas canto antes para que, as familias poidan volver levar ás crianzas a esa zona infantil nas vacacións de Nadal.

Segundo Pérez Barral, foron varios os negocios os que se puxeron en contacto co BNG para pedir información e con preocupación polo avance da reforma. “O goberno municipal debería informar puntualmente aos comerciantes e hostaleiros, mais non o fai, polo que tivemos que ofrecerlle a información nós mesmos” lamentou o edil.

Para o Bloque é de vital importancia que as obras se realicen teñan boa planificación para minimizar o impacto negativo que producen nos negocios e pedímoslle ao goberno local que manteñan informados periodicamente do avance das obras a negocios e veciñanza afectada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.