O BNG demanda o reforzo do servizo de Correos e que a oficina abra polas tardes

O BNG demanda o reforzo do servizo de Correos e que a oficina abra polas tardes

A empresa pública Correos ten a obriga de garantir un servizo público de calidade e accesíbel para toda a poboación quer sexa nas zonas urbanas, quer sexa nas zonas rurais e para iso é necesario o mantemento do Servizo Postal Universal.

Desde o Bloque Nacionalista Galego cremos preciso establecer unha estratexia en prol do mantemento da actividade de correos, especialmente en sectores relevantes como a distribución de paquetes que agora realiza Correos Express, para o que opta de forma crecente pola contratación de persoas autónomas. Para o portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, “este tipo de actuacións son, no fondo, unha maneira de privatización xa que se baleira de clientes a empresa matriz no canto de apostar por realizar tódolos servizos con persoal propio, cuestión que permitiría manter e mellorar o servizo público universal de correos”.

Ribeira é un concello cabeceira da comarca da Barbanza e conta cunha poboación de case 27.000 habitantes, esta poboación aumenta sensibelmente no período estival. Pérez Barral é claro: “xa coa poboación que presenta o concello sen contarmos os incrementos estacionais, é necesario contar cun servizo de correos moderno, eficiente e dimensionado”.

Valoraron positivamente a modernización das instalacións feitas hai uns anos mais cremos que é o momento de demandar unha mellora na atención que se lle presta ao público. Polo que presentarán unha iniciativa plenaria par aumentar o horario de atención ao público incrementando a apertura da oficina en horario de tarde. Esta medida, ademais de xerar novos postos de traballo, redundaría en beneficio da veciñanza de Ribeira, facilitaría unha atención máis cómoda, un servizo máis eficiente e adaptado ás necesidades actuais, con menor tempo de agarda e facilitando unha mellor organización do traballo das empresas, do comercio e das persoas usuarias.

Ademais do anterior, detectamos que no período de vacacións ou baixas médicas hai ausencias que non se cobren polo que necesario que se cubran a totalidade dos servizos.

Recollida de sinaturas

O responsábel local Xabier Vidal, xunto cos concelleiros Luís Pérez e Cruz Rivadulla, anunciou que o BNG instalará unha mesa de recollida de sinaturas este sábado 19 de marzo, entre as 11:30 e as 13:00 horas a carón da farmacia de SanMamed na rúa de Galiza para facilitar que a xente poida apoiar esta petición.

Un comentario en «O BNG demanda o reforzo do servizo de Correos e que a oficina abra polas tardes»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.