O BNG apoia á veciñanza de Aguiño e anuncia accións ante a Valedora do Pobo

Un numeroso grupo de veciños e veciñas concentráronse hoxe en Aguiño para mostrar o seu malestar que está xerando a reforma da fachada marítima e da rúa Castelao. A concentración contou co apoio de militantes do BNG e dos concelleiros da formación Luís Pérez e Cruz Rivadulla.

O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, mantén que “non  é razoábel realizar unha actuación que conta coa oposición frontal dunha grande parte da veciñanza de Aguiño. O alcalde debe rectificar e sentar a falar coa veciñanza e cos grupos para introducir melloras no proxecto”.

Pérez Barral recriminou a actitude do goberno local por “tirar para diante sen escoitar e sen dialogar con ninguén” e engadiu que “os proxectos deberían ter a participación veciñal porque cando se fan as cousas sen contar coa xente é cando xorde o malestar”.

A obra implica problemas dificultarán a entrada e saída de garaxes por mor do carril bici e non vai crear ningunha zona verde. “Van gastar case un millón de euros para aumentar o cemento, eliminar os aparcadoiros e provocar problemas de tráfico, como xa fixeron na reforma das Carolinas ou do Malecón. Se algo sobra neste concello é cemento, precisamos zonas verdes e espazos onde a xente poida desfrutar do seu tempo libre”.

Desde o BNG cuestionamos a nula planificación do Partido Popular á hora de realizar obras que carecen de sentido ao non ter un proxecto global e de futuro. “De que vai servir un carril bici que nace e morre na mesma rúa e non existe proxecto para amplialo no futuro?”.

Queixa ante a Valora do Pobo

No BNG elevamos unha queixa ante a Valedora do Pobo para que desde esta institución se defendan os intereses da veciñanza e se medie neste problema que está xerando o goberno local coas súas decisións unilaterais. Pérez Barral pídelle ao goberno local que “recapacite” porque, segundo afirma, “aínda se está a tempo de introducir melloras solicitadas pola veciñanza e polo BNG que permitan ampliar zonas verdes ou avanzar na accesibilidade universal”.

Un comentario en «O BNG apoia á veciñanza de Aguiño e anuncia accións ante a Valedora do Pobo»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.