Nadal cultural de Ribeira 2023/2024

A concelleira de Cultura, Antía Alberte, o concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Puerta e o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral; presentaron a programación das festas de Nadal de Ribeira 2023-2024.

O programa contempla espectáculos no Auditorio, Actos do Tecido Social, Pekenadal para bebés, Nadal Pelegrín con inchables, obradoiros e animación musical por tódalas parroquias, e o Recuncho de Nadal co Apalpador, que recollerá as cartas da cativada na casiña de Madeira ubicada na Praza da Porta do Sol dende o 22 de decembro.

“As actividades no Auditorio comezan o 10 de decembro co concerto da Orquesta de Cámara Galega, ás 19:00 horas. A partir desa data celebraranse distintas actividades e eventos de entidades como Cáritas, Alfaia e Amas de Casa entre outras.” explicou a concelleira Antía Alberte. O Centro Cultural Lustres Rivas tamén acollerá do 19 de decembro ao 14 de xaneiro a exposición do XVIII Premio de Artes Gráficas Jesús Núñez, da Deputación da Coruña.

O Nadal na Rúa terá lugar os días 24 e 30 con hinchables e animación musical na Rúa de Galicia. Os nenos e nenas que acudan ás actividades recibirán una rifa para participar nun sorteo de agasallos que se realizará na Cabalgata do día 5. Ese mesmo día os reis magos visitarán tódalas parroquias de xeito previo á Cabalgata de Ribeira que culminará este ano na Praza de España.

Segundo explicou o concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Puerta, “as Rúas Musicais levaranse a cabo en colaboración coa hostelería, de xeito que en caso de mal tempo os concertos se poidan trasladar ao interior dos locais”

Co propósito de animar as rúas de Ribeira e dinamizar o comercio local, tamén se instalou un fío musical que sonará polas rúas principais; e os feirantes instalaranse no parking das Avesadas dende o día 15 ao día 7 para que a rapazada poida disfrutar das atraccións. A festa de noitevella será na carpa do Malecón a partir da 1:00 con Planet Discomóvil.

Pola súa parte, o alcalde Luís Pérez destacou que a programación deste Nadal colabora con entidades culturais e coa hostelería de Ribeira co propósito de ofrecer una programación ampla e diversa e favorecer o consumo no comercio local.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.