En apoio á concentración #acabouse

A concelleira de Igualdade, Cruz Rivadulla, e a concelleira de Medioambiente, Cultura e Mocidade, Antía Alberte, acudiron hoxe á concentración convocada por Mulleres en Acción Barbanza para apoiar á xogadora Jenni Hermoso e en repulsa das actitudes de Luis Rubiales.


Durante o acto, celebrado na Praza do Concello, procedeuse á lectura dun manifesto de denuncia e no que se ensalzou a necesidade de transformacións radicais no mundo deportivo.


“Dende o Concello cremos preciso denunciar tódalas agresións machistas que continúan afectando o mundo do deporte e, en particular, o fútbol.” salientou a concelleira de Igualdade, Cruz Rivadula. “A igualdade de xénero debe ser o pilar central en calqueira actividade deportiva.”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.