Deterioro da Sanidade pública en Ribeira pola falta de médicos/as


Integrantes do equipo de Goberno de Ribeira concentráronse no Centro de Saúde de Ribeira coas traballadoras e traballadores do servizo, co obxectivo de “denunciar a falta de persoal médico e a situación de precariedade na que os profesionais da saúde desenvolven o seu traballo”. En palabras do concelleiro de Sanidade, “o que acontece no Centro Saúde é consecuencia do desleixe da Consellería coa poboación de Ribeira, cun cadro de facultativos reducido á metade, e con 6.000 pacientes que a día de hoxe non teñen sanitario”. E engadiu: “Hoxe faltan 5 médicos no Centro de Saúde, que se corresponden con dúas baixas de longa duración e varias prazas que están sen cubrir”.

Dende o BNG lamentamos que se precarice a sanidade pública non cubrindo baixas, vacacións e vacantes facendo que os profesionais restantes teñan que asumir unha carga de traballo moito maior. Os médicos e médicas que había traballando tiveron que asumir os cupos dos outros médicos/as ademais do cupo habitual e sumar todas as saídas en ambulancia e outras emerxencias.

A falta de persoal sanitario provocou que os pacientes quedaran sen atender ou ter que desprazarse até as urxencias do hospital. Ante esta situación o Goberno local mostrou o seu apoio ao persoal dos centros de saúde de Ribeira, Corrubedo, Palmeira e Aguiño, e do Hospital do Barbanza que se están nunha situación límite.



Dende o Concello notificouse á Consellería de Sanidade o acontecido e pediuse atender as reivindicacións dos profesionais sanitarios porque redundará nunha mellora da calidade asistencial que se lle presta á poboación do noso concello”.



Barral tamén lembrou que “se lle solicitou de xeito reiterado dende o mes de xullo do 2023 á Consellería que sente a falar con este Goberno local para tratar de solucionar os problemas que ten o Centro de Saúde de Ribeira, comezando pola necesidade de cubrir todo o persoal de baixa e as vacacións e seguindo pola mellora do propio centro sanitario”. E engadiu: “Teñen a nosa man tendida para colaborar no que se precise para que a poboación de Ribeira teña acceso a unha atención médica de calidade”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.