BNG solicita unha actuación urxente para evitar danos persoais ante o derrubo dunha vivenda en Padín

O Bloque Nacionalista Galego rexistrou hoxe unha iniciativa para que o Concello de Ribeira realice, de maneira urxente, tarefas de consolidación da fachada dunha vivenda en Padín que presenta importantes gretas e fisuras e corre o risco de virse abaixo.

O concelleiro, Luís Pérez Barral, informou de que é necesario realizar actuacións urxentes para consolidar as fachadas da vivenda que eviten a caída de cascallos como se está a producir na actualidade. Segundo Pérez Barral até o de agora non houbo problema polas importantes gretas que presentaba a vivenda mais onte desprendéronse pedras e cascallos de varios quilogramos de peso.

“Débese actuar xa para evitar riscos e danos persoais” asegura o edil que lle preocupa que en calquera momento poida desprenderse máis anacos. Desde o BNG urximos ao executivo local a que interveña ante unha situación que cualifican de moi perigosa ao atoparse nun parque infantil e nunha zona de moito tránsito de persoas que acoden ao coñecido supermercado que hai alí.

Un comentario en «BNG solicita unha actuación urxente para evitar danos persoais ante o derrubo dunha vivenda en Padín»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.