Aprobado o regulamento de verteduras e unha ordenanza para mellorar a accesibilidade

Moción do BNG en contra da merma dos coeficientes redutores da pesca: O vello modelo sobre o réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores/as do Mar, completamente desfasado, tivo que ir modificándose para actualizar os coeficientes redutores aplicábeis á pesca, incluíndose novas actividades que estaban excluídas como o marisqueiro, os percebeiros, bateeiros, etc. Este criterio foi substituído por un novo baseado no tipo de buque, sen chegar aínda ao fondo da cuestión: o dereito a reducir a idade mínima de xubilación naquelas actividades profesionais de natureza penosa, tóxica, perigosa e insalubre nas que se acusen elevados índices de morbilidade ou sinistralidade, así como aquelas que impliquen unha continua separación familiar e alonxamento do fogar.Concelleira nacionalista, Pilar Sampedro


Aínda así, coa nova normativa até finais do 2015, a frota galega que faena en augas internacionais (cefalopodeiros, palangreiros, arrastreiros, etc) estaban considerados “conxeladores” polo que se lles aplicaba o coeficiente máximo de 0,40. Isto é, que con 25 anos enrolado un tripulante tería dereito a se xubilar aos 55 anos.


O pasado ano, o Goberno español (Dirección da Mariña Mercante), modificou a aplicación destes coeficientes, de xeito que agora só considera buques “conxeladores” as embarcacións de máis de 70 m de eslora e capacidade superior ás 1.000 toneladas “TRD”. O resto, de menores dimensións, son considerados buques “fresqueiros” sen teren en conta nin a actividade, nin a zona de pesca, nin as condicións de vida a bordo. Segundo explicou a concelleira nacionalista Pilar Sampedro “pretenden aplicárlles unha rebaixa no coeficiente de 0,40 ao 0,25-0,35, o que evidencia unha absoluta miopía por parte deste departamento de “secano”.


Esta medida afecta básicamente a Galiza, primeira potencia pesqueira do Estado, e cun tipo de frota que é, a que resulta penalizada. Segundo a Pilar Sampedro en en Ribeira vanse ver afectadas unhas 17 embarcacións con base no porto ribeirense polo que o número de afectados é elevado, iso sen contar cos mariñeiros ribeirenses enrolados en embarcacións con porto base noutros lugares”.


Con esta medida vense afectados os traballadores da frota palangreira, a frota cefalopodeira e o resto da frota arrastreira que non alcance as novas condicións establecidas por Madrid con independencia de onde pesque. Prexudícase así a milleiros de mariñeiros galegos que verían aumentada a súa vida laboral.


Por iso, o BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal, a adopción do seguinte ACORDO;


A) Manifestar o apoio deste Concello ás tripulación embarcadas en buques que faenan en augas internacionais, e reclamar do Goberno español a retirada da orde interna da Dirección da Mariña Mercante de modificación dos coeficientes redutores para os conxeladores.
B) Revisar de oficio todas as pensións que se resolveron co actual procedemento para impedir a discriminación a respecto dos que historicamente se lle recoñeceu o 0,40. Restituír a legalidade e o sentido común.
C) Solicitar unha revisión profunda do caduco modelo baseado na zona e o tamaño da embarcación para ir a un novo que incentive as condicións reais das actividades profesionais da pesca, recoñecendo aquelas que teñen maior penosidade, perigosidade , sexan insalubres e provoquen sinistralidade e altas morbilidades.
D) Trasladar este acordo ao presidente da Xunta de Galiza, presidente do Goberno español e grupos parlamentares do Parlamento de Galiza e Congreso dos Deputados.
Aprobado por unanimidade


Modificación das ordenanzas fiscais para 2017: conxelación de todas as taxas para o 2017, rebaixarase un 1% o impostos de tracción mecánica, aprobáronse as  emendas do BNG para elevar até os 25 anos a bonificación  a mocidade con pai e nai no desemprego e tamén elevar a bonificación por Carnet Xove. Outra das novidades é que os prezos da Fieiteira redondearanse para evitar andar cobrando con céntimos. O pádel é unha das actividades que baixan de prezo debido á oferta existente noutros concellos.
Aprobado por unanimidade


Regulamento de verteduras do Concello de Ribeira: este importante documento que regulará os parámetros, condicións e xeito de vertedura de augas residuais á rede municipal. Tamén se recollen sancións ante infraccións leves de ata 15.000€, graves ata 60.000€ e moi graves ata 100.000€. Finalmente, resúltanos rechamante que tras estar exposta ao público para poder presentar alegacións, este importante documento só recibiu emendas por parte do BNGEste regulamento será a ferramenta que permitirá que o Concello loite contra posíbeis cheiros e verteduras contaminantes que se produzan ademais de regular as verteduras en orixe e someter todo a un control rigoroso.
Aprobado por unanimidade tras incorporar as emendas do BNG


Solicitude do BNG para a revisión e limpeza da rede de saneamento: comunicouse no Pleno que se lle mandará ao Grupo de Emerxencias Municipais limpar aqueles puntos onde haxa obstrucións e que se revisará toda a rede de saneamento.
Solicitude do BNG para a posta en valor da fonde de Carreiriña: farase unha limpeza e acondicionamento da zona para que a veciñanza poida desfrutar desta fonte.
Pregunta do BNG en relación á antiga escola de integración xitana: por agora non se ten pensando un uso para darlle, mais adecentarase e desbrozarase a parcela.


Reclamación do 4º xulgado para Ribeira: a Corporación Municipal sacou adiante por unanimidade unha proposta para esixir que Ribeira conte cun 4º xulgado que permita reducir a grande carga de traballo que soporta. Namentres isto non sexa así, se reforce o persoal dos 3 xulgados xa existentes tal e como pediu o Bloque.

Outros asuntos:
-Aprobación da ordenanza reguladora para a instalación de ramplas de accesibilidade para negocios e edificios residenciais.
-Incorporación dunha parcela no lugar de Aldea en Castiñerias ao inventario municipal. – Deuse conta da situación dos cheiros que se están producindo en diversos puntos do municipio e as accións que se van levar a cabo.
-Convenio de colaboracón con institucións penitenciarias: para que se poidan facer traballos comunitarios en Ribeira. Aprobado por unanimidade
-Nivelaranse as tapas de sumidoiros situadas estrada que vai cara o centro recreativo de Artes que estaban baixas e provocaban molestias nos vehículos.
-Melloras na rúa Pedriñas de Carreira. Aprobado por unanimidade – Tapar un buraco que existe en Laxe. Aprobado por unanimidade
Paso do grupo de C’s ao concelleiras/os non adscritas/os de María José Brión e Asier Casais. Votos a favor de PP, PSOE e 3 concelleiras/os non adscritas/os. Abstención de BNG, IPR e C’s

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.