A participación da xente arrinca o compromiso do Concello a buscar unha solución para os deportes que se practican no pavillón de Coroso

Este xoves, ás 14:00h houbo en Ribeira un pleno extraordinario urxente para tratar o proxecto das pistas de pádel e o malestar que xerou a súa ubicación.



O proxecto do equipo de goberno de Ribeira de faceren 4 pistas de pádel no pavillón Santa Uxía, situado en  Coroso, por un importe de 241.000€ espertou bastante preocupación entre os usuarios e usuarias e entre nais e pais. A preocupación viña  dada pola escasa ou nula información que tiveron.


Ante isto e segundo puidemos saber no BNG, algúns pais e nais foron falar co concelleiro de Deporte e Participación Cidadá mais non acadaron unha solución e só souberon que as pistas de pádel se instalarían en Coroso, trasladando ao pavillón de Palmeira (aínda sen facer e prometido desde 2007) os deportes e actividades que actualmente alí se realizan (baloncesto, tenis, voleibol, ximnasia, etc).
Preocupados/as pola situación, puxéronse a recoller firmas para intentar paralizar ou modificar a ubicación do proxecto acadando 1.600 en tan só unha semana. Alén diso, puxéronse en contacto cos grupos políticos da oposición para tratar de buscarmos unha solución consensuada. Desde o BNG non estamos en contra do pádel nin de que haxa novos deportes en Ribeira pero si poñemos en dúbida se é unha prioridade para Ribeira facer pistas de pádel nun momento coma o actual con recortes noutros ámbitos.


Consideramos que son inadmisibles as declaracións que se fixeron desde o Concello dicindo que había manipulacións para que as persoas asinaran a petición, polo que pedimos que rectificasen estas declaracións.


Destacar que é o Concello quen debe ir falar e dialogar coas persoas que empregan ese pavillón e explicarlles o proxecto para que non teñan que enterarse pola prensa de como lles afecta esta decisión. Se lle pagamos a unha persoa  33.600€/ano para que teña dedicación exclusiva na concellaría de Participación Cidadá e Deportes será para que intente achegar posturas e falar coa xente non?


Grazas ás accións empredidas polos afectados e ao labor da oposición conseguimos que o Alcalde dixese, ou adquirise publicamente o compromiso, de deixar a Fieiteira para poidan realizar as súas actividades.

Un comentario en «A participación da xente arrinca o compromiso do Concello a buscar unha solución para os deportes que se practican no pavillón de Coroso»

  1. Ante todo o alcalde tivo un ataque de humildade dicindo: “Son o único ribeirense que ten resolto o da pista de pádel porque teño unha propia” (nótese a retranca) 🙂

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.