A cidadanía de Ribeira en defensa da Sanidade Pública


O BNG de Ribeira, como integrante da Plataforma pola defensa da Sanidade Pública da Comarca da Barbanza consegue máis de medio milleiro de sinaturas solicitando a dotación de celadores para o Hospital da Barbanza.

Hai que lembrar que o SERGAS, que se escusa na falla de orzamento para dotar deste persoal ao Hospital da Barbanza, sí que tén creado dita figura no hospital do Salnés onde, a día de hoxe, contan con 18 celadores.

Cabe reseñar que as máis de medio milleiro de sinaturas foron recollidas polo BNG en apenas dúas horas. Hoxe o Comité de Empresa, acompañado pola deputada portavoz de sanidade do BNG, Ana Luisa Bouza, entregou máis de dous milleiros na Xerencia do SERGAS en Santiago. Novamente a cidadanía da Barbanza volve amosar, moi maioritariamente como xa fixera para pedir a integración do Hospital da Barbanza no SERGAS, a súa decidida defensa da sanidade pública.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.