BNG e Plataforma da Sanidade demandamos solucións aos problemas do Hospital da Barbanza

Desde o BNG seguimos traballando man a man coa Plataforma en defensa da sanidade pública da Barbanza e hoxe estivemos xuntos dando unha rolda de prensa. Explicamos as iniciativas que o BNG presentou no Parlamento Galego tendo en conta as aportacións da Plataforma, para mellorar o noso hospital e os seus servizos. Ana Pontón deputada no Parlamento, Rosana Pérez, deputada no Congreso, Severino Romero, responsable comarcal, ademais de concelleiros/as e membros do BNG de Ribeira, Boiro e Pobra estivemos alí para explicar o traballo desenvolvido.



Entre os problemas que sería preciso atender sinalamos como máis urxentes as carencias no servizo de radioloxía (infradotado en relación coas necesidades que se teñen detectado); as áreas de rehabilitación e fisioterapia teñen unhas listas de agarda moi elevadas; e precisan ampliarse as instalacións e medios dos servizos de urxencias e de laboratorio –neste último caso, cun proxecto de ampliación que o Goberno do PP paralizou-.


Ademais de todo isto, é o único hospital de Galiza xunto co de Cee que non dispoñen de celadores/as, coa conseguinte sobrecarga de traballo para o persoal de enfermaría e axuliar de enfermaría.

Por todo este tipo de carencias e deficiencias o BNG solicitamos no Parlamento Galego o seguinte:


1. Reforzar as especialidades no Hospital da Barbanza,  no caso de Radioloxía incrementando o número de facultativos especialistas en radiodiagnóstico e dotando a este centro hospitalario dunha nova sala de radioloxía convencional; e no caso de Fisioterapia, incrementando o número de fisoterapeutas e incrementando o espazo destinado ao ximnasio.
2. Ampliar os espazos dos servizos de urxencias e laboratorio.
3. Crear a categoría de celadores no cadro de persoal, dotándoo dos medios precisos para homologar este hospital ao resto da rede sanitaria pública, conforme as reivindicacións do Comisión de Centro do Hospital da Barbanza e de institucións e colectivos sociais desta comarca.

Proposición completa: MELLORAS HOSPITAL BARBANZA
Galería de Imaxes: Flickr do BNG-Ribeira
Vídeo da Rolda de Prensa: Canal Rías Baixas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.