Xuntanza co sector pesqueiro


O venres día 1 de marzo, reunímonos con representantes do sector do mar da Barbanza. Mariscadoras, patróns maiores, representantes de confrarías, mariñeiros, etc. Arredor dunha trintena de persoas estiveron presentes para escoitar as iniciativas que está presentando o BNG nas diferentes institucións (concellos e parlamentos autonómico, estatal e europeo). Esta xuntanza tamén servíu para que o sector lle expuxese as súas demandas ás deputadas Montse Prado e Rosana Pérez.


Na xuntanza, abordáronse entre outros moitos temas, algúns como:


-Privatización do servizo de salvamento marítimo con respecto ao cal, BNG presentou iniciativas no Parlamento Galego e nos concellos para evitalo por supoñer a mercantilización dun servizo público de seguridade fundamental para este sector.
-Cotas pesqueiras e a nova política pesqueira común (PPC) impostas por Bruxelas e nas que Ana Miranda, eurodeputada do BNG votou en contra, facendo unha defensa da pesca artesanal (a maior parte da nosa frota pesqueira) e da declaración de Galiza como zona altamente dependente do mar. Con respecto a isto tamén se falou do problema dos descartes, da necesidade de que os nosos produtos leven a denominación de orixe para evitar a súa devaluación, da redución de fondos europeos, problema de contaminación das rías, etc
-Falta de renovación dos órganos directivos das confrarias que levan moito tempo sen faceren eleccións porque á Xunta de Galiza non lle interesa e, polo tanto a representatividade e o traballo por parte dos seus dirixentes vese obstaculizado.
-Acoso que sofren os mariñeiros por parte dos servizos de vixilancia da Xunta e a excesiva burocratización e esixencias ás que se ven sometidos para poderen ir faenar. Isto acarréalles sancións sen un criterio regulado (depende de cada inspector/ora).
-Furtivismo principalmente na zona de Rianxo e Boiro. As mariscadoras pediron solucións efectivas para erradicar este problema.



Grazas a esta xuntanza os e as traballadoras do sector fixeronlle ao BNG unha grande aportación para seguirmos a traballar na súa defensa dun xeito coordinado e atendendo as súas demandas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.