Cobas: “Un goberno transparente e eficaz que rematará co malgasto, o amiguismo e o escurantismo”

A asemblea aberta do sábado 24 de xaneiro, elixiu que a persoa que encabece a candidatura do BNG - Asembleas Abertas, sexa Xosé Antonio Vázquez Cobas.Xosé Antonio Vázquez Cobas. BNG Ribeira


Vázquez Cobas agradeceu o apoio e o ánimo de moitas persoas que o alentaron para ser o cabeza da listaxe e destacou: “a candidatura será aberta, diversa e plural, integrada por moita xente nova e persoas con recoñecido prestixio e experiencia“.


BNG - Asembleas Abertas ofrece un programa sólido de goberno para a xente, centrado na reactivación económica, na xustiza social e na transparencia e participación. Neste sentido sentenciou “o goberno do BNG rematará coa política do malgasto, do amiguismo e o escurantismo. Ofrecemos un goberno transparente e eficaz que sexa unha contención contra as políticas de recortes e devastación do PP que só provocan paro e emigración“.


Finalmente, fixo un chamamento a participar no proceso aberto das asembleas e a propoñer todo o que se crea conveninente para a candidatura e o programa.


Xosé Antonio Vázquez Cobas é unha persoa ligada ao asociacionismo cultural e aos movementos sociais, licenciado en Xeografia e Historia con especialidade en historia contemporanea, artesán de cerámica e conserxe no Instituto Náutico Pesqueiro de Ribeira.


Entrevista: Entrevista Radio Boiro
Vídeo: Cobas será o candidato do BNG-AsembleasAbertas


 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.