Xosé Antón Parada Fernández, un bo e xeneroso

Hoxe faleceu o noso querido Xosé Antón Parada Fernández con 72 anos de idade.

A súa marcha deixa un profundo pesar entre os compañeiros e compañeiras do BNG. Antón era un compañeiro dos que sempre estaba en todo, botando unha man.

Naceu en Moaña. Estudou Filosofía e Teoloxía en Compostela e Salamanca. Doutor en Filoloxía clásica. Mestre en Linguas clásicas no ensino medio e traballou en varios lugares ata chegar ao IES Pobra do Caramiñal.

Foi recoñecido por traducir ao galego, desde a súa lingua orixinal, o acádico, o ‘Código de Hammurabi’. Por ese traballo recibiu o Premio Plácido Castro de Tradución.

De moi novo, participou en movementos veciñais e antifeixistas; Fronte Cultural, Plataforma nacionalista clandestina promovida pola UPG. Partido ao que pertencía dende os anos setenta.

Foi concelleiro na primeira Corporación democrática do Concello de Moaña e durante case 8 foi concelleiro en Ribeira. Participou na fundación do BNG, organización á que sempre pertenceu.

Afincouse dende había décadas no Touro, en Ribeira, e era unha persoa moi querida entre a poboación e a mocidade á que lle deu clase.

Deixas unha pegada moi grande Antón, sempre quedarás na nosa memoria. Fuches bo e xeneroso, que a terra che sexa leve.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.