Vivendas de promoción pública

A cidadanía contempla con impotencia como, de súpeto, a vivenda no noso Concello adquire prezos desorbitados e inasequíbeis para moitos sectores sociais aos que os seus precarios salarios malamente lle dan para chegar a fin de mes.

O dereito a unha vivenda digna transfórmase nunha mera declaración de intencións, imposíbel de converterse en realidade para moitas persoas do noso concello. Os nosos gobernantes non poden mirar para outro lado mentres botamos fóra a moitas persoas, especialmente mozos e mozas, que teñen que ir a outros concellos para conquerir unha vivenda. O legado do PP neste eido é claro: unha vintena de vivendas inacabadas en preto de vinte anos de goberno.

Lembremos que son os concellos quen teñen a obriga, por lei, de ofertar os terreos necesarios para a construción de vivendas de promoción pública. É a Xunta a encargada da súa construción. A actual Conselleira, a nacionalista Tereixa Táboas, xa manifestou a súa decidida intención de incrementar este tipo de vivendas, mais estas non se poden construír no aire. É unha oportunidade que dende Ribeira non podemos desperdiciar.

O 10% do aproveitamento urbanístico que as empresas promotoras deben ceder ao concello as actuacións en solos urbanos non consolidados, debera ir destinado prioritariamente a vivendas de promoción pública. Con este tipo de vivenda contribuímos tamén ao desenvolvemento económico local, a reducir o prezo das edificacións e a facer asequíbel a súa adquisición por parte de moitos sectores sociais, nomeadamente a mocidade, que ven desesperadamente como o auxe construtivo no seu concello faise de costas á súa realidade.

Velaí o noso compromiso: un Goberno Nacionalista no Concello de Ribeira, terá entre as súas prioridades poñer a disposición da Consellería de Vivenda e Solo os terreos necesarios para construír o maior número posíbel de vivendas de promoción pública. Contribuiremos deste xeito a facer realidade os soños de moitas persoas.

2 comentarios en «Vivendas de promoción pública»

  1. Antes de nada quero agradecerche a túa participación, Pedro. Con respecto a pregunta que fas, reiterar, o que xa digo no artigo: a construción de vivenda de promoción pública vai a ser unha das nosas prioridades. Poñeremos a disposición da Consellería de Vivenda e Solo, dirixida pola tamén nacionalista, Teresa Táboas, a cantidade de terreo necesaria para ir dotando a Ribeira do maior número posíbel deste tipo de vivenda con unha oferta especial dirixida a xente nova. É un compromiso firme que conta co respaldo do Goberno Galego e do que xa teño falado coa conselleira.
    Unha forte aperta.

Responder a Pedro Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.