Vivenda impulsa a construción de vivenda protexida

Tereixa Táboas, Xoan Carlos Báscuas e Dominga Brión

“Sector privado e Administración debemos reforzar a colaboración para dar resposta á demanda social de vivenda protexida e ao mesmo tempo contribuír a minorar este momento de desaceleración”, explicou Táboas

Santiago de Compostela, 23 xaneiro 2008.- A Consellería de Vivenda e Solo pon a disposición do sector da construcción e da promoción 540.000 metros cadrados de solo residencial ao longo do primeiro semestre de 2008 para a edificación de aproximadamente 4.000 vivendas protexidas. Así llo transmitiu a conselleira nacionalista Teresa Táboas aos máximos responsables do sector, cos que analizou a actual situación de “desaceleración”.

Na reunión participaron os máximos responsables da Consellería de Vivenda e Solo e do sector, coa asistencia do presidente da Federación de Promotores de Galicia, Javier Garrido, o presidente da Federación Galega da Construcción, Elixio Nieto, o presidente da Cámara de Contratistas de Galicia, Ángel Fernández Presas, o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla.

No encontro, Táboas apostou por “reforzar” a colaboración entre a Administración e o sector privado para, por un lado atender a demanda social de vivenda a prezo limitado e, por outro, contribuír a “minorar” o efecto da crise financeira sobre o sector da construcción e da promoción. “Debemos ir da man para traballar conxuntamente co obxectivo de dar resposta ás necesidades da sociedade actual, que demanda vivenda a prezo limitado que poida pagar, e ao mesmo tempo contribuír a superar o actual momento de desaceleración do sector da construcción e promoción tendo en conta o importante nicho de mercado que supón a construcción de vivenda protexida”, salientou Táboas.

Máis información…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.