Vivenda adxudica o remate das vivendas de Xarás

Vivendas de Xarás

A CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO ADXUDICA POR 1,3 M. € AS OBRAS DE REMATE DAS 21 VIVENDAS PROTEXIDAS DE XARÁS EN RIBEIRA

 O prazo de execución da obra é de 12 meses desde a sinatura da Acta de comprobación de replanteo

 Son 7 edificios que albergan 7 vivendas en planta baixa, unha adaptada para persoas con mobilidade reducida, e 14 duplex, con 2, 3 e 4 dormitorios

Santiago de Compostela, 11 marzo 2008.- A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, adxudicou por 1.326.329 € as obra de remate das 21 vivendas protexidas de promoción pública de Xarás, no Concello de Ribeira. A empresa adxudicataria, Construcciones Urbisega, debe executar as obras en 12 meses, prazo que comeza a contar desde a sinatura da acta de comprobación do replanteo e inicio das obras.

Ao concurso público convocado pola Consellería o pasado 31 de decembro para contratar estas obras presentáronse 4 empresas. O prazo de presentación de solicitudes rematou o 14 de xaneiro.

Trátase de 7 edificios, que albergan 3 vivendas cada un, de baixo, unha planta e baixocuberta. En total son 14 dúplex cunha superficie útil de 90 metros cadrados e 4 dormitorios. Outras 6 vivendas, situadas nas plantas baixas, teñen 78,45 metros cadrados útiles e 3 dormitorios. E, por último, unha vivenda, tamén en planta baixa, de 78,70 metros cadrados útiles e 2 dormitorios adaptada para persoas con mobilidade reducida.

Debido ás especiais circunstancias que obrigaron a rescindir o contrato coa empresa que inicialmente resultou adxudicataria das obras e a convocar un novo concurso para rematar os traballos, a Consellería de Vivenda e Solo aprobou unha axuda de 2.000 € para cada unha das familias afectadas, para sufragar o costo do aluguer mentres se executan as obras de remate das vivendas.

Rescisión do anterior contrato
A Consellería de Vivenda e Solo asinou en outubro de 2006 o expediente de rescisión do contrato coa empresa adxudicataria por incumprimento do prazo establecido para a execución da obra, que era de 18 meses a contar desde a sinatura da acta de replanteo. A sinatura de dita acta produciuse o 22 de marzo de 2005 polo que o prazo de execución rematou o 22 de setembro de 2006, sen embargo no momento de rescisión do contrato tan só estaba executada o 13,85% da obra.

A Consellería de Vivenda e Solo adxudicou as obras de urbanización e edificación destas vivendas á empresa o 21 de outubro de 2.004 por un importe total de 1.433.399,46 € e a formalización do contrato celebrouse o 11 de novembro do mesmo ano.

En repetidas ocasións antes da rescisión contractual, a Consellería requiriu á empresa adxudicataria e á dirección facultativa da obra que aceleraran o ritmo dos traballos sen que se atendera esta petición. A empresa manifestou no seu momento á Consellería a súa disconformidade co orzamento de adxudicación das obras porque ao seu xuízo non se axustaba aos prezos do mercado.

Sen embargo, esta empresa concorreu por decisión propia ao concurso público para a urbanización e construción destas vivendas segundo un prego de condicións no que se especificaba claramente o prazo de execución de 18 meses e o orzamento de licitación que ascendía a 1.433.399,46 €. Así mesmo a empresa asinou, dando a súa conformidade, o contrato no que igualmente consta o prazo e o orzamento de execución.

Nova no Canal Rías Baixas:
A Xunta adxudica o remate das vivendas de Xarás por valor de 1’3 millóns

3 comentarios en «Vivenda adxudica o remate das vivendas de Xarás»

  1. E unha boa noticia..si…boa, pois pa mala de verdade a que di que a empresa Xeixo presentou suspensión de pagos o xoves pasado, si…amigos e a mesma que deixou plantada, despois de encher ben o peto claro, entre outras, as obras das que se fai referencia neste tema, as da construcción da chamada Casa da Xuventude e as da “remodelación“ das ruas de Carreira, entre outras; o peor de todo e que o final sempre acabamos pagando sempre os mesmos: Os veciños.
    Como se o noso concello no tivera empresas serias e solventes pa traballar aquí, claro, e que sol de porta non enche…perdon, non quenta.
    Pero todo ten un lado bo, creo, pois seruramente algen se està a encher de merda, perdoade a expresión, e cando todo remate a levara consigo .

  2. Eu pregúntome como o goberno do PP de Ribeira lle pode adxudicar tantas obras a unha empresa tan pouco seria, que deixa colgadas ás únicas vivendas de promoción pública do noso concello, perxudicando a familias con poucos recursos.

    Non olvidemos que se presentou voluntariamente a un concurso público no que se lle adxudicou a construción destas vivendas. Daquela incumple reiteradamente e agora suspende pagos deixando obras municipais empantanadas.

Responder a jaime Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.