Vicepresidencia abrirá dous centros de día en Ribeira

Anxo Quintana, Dominga Brión e Ana Álvarez



O autobus, un dos catro que ofrecen información á cidadanía sobre o Sistema Galego de Atención á Dependencia que retomaron este luns a súa presenza nas vilas galegas, tras terse detido a súa itinerancia durante a campaña electoral, recalou en Ribeira: no casco urbano pola mañán e en Palmeira pola tarde.

Ademais do centro de día para persoas enfermas de alzheimer e outras demencias que Vicepresidencia abrirá en breve situado na Avenida do Malecón de Ribeira (onde estaba antes o centro de saúde e no que o Goberno do PP pretendía facer un centro de ocio), ten intención de poñer outro en marcha dirixido as persoas maiores en xeral, no que serán atendidas durante determinadas horas ao día.

Tereixa Novo dixo que para iso o Concello deberá pór a disposición da Administración os terreos necesarios.

Ao mesmo tempo, Vicepresidencia pretende implantar no termo ribeirense prestacións como a comida a domicilio e a lavandería.

Ribeira conta xa con un dos 81 puntos de valoración da dependencia que Vicepresidencia ten en funcionamento no país. Esta ubicado na Casa do Mar de Ribeira e funciona en horario de mañá e tarde.


Para o BNG as políticas de benestar son unha prioridade. O Concello de Ribeira ainda non se integrou no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, nin solicitou, dentro do Plan Concertado ningún centro de día para Ribeira. Polo tanto, demandaremos diante da Corporación Municipal tanto a inclusión no Consorcio como a solicitude dun novo centro de día no próximo Plan Concertado así como a cesión dos terreos necesarios a Vicepesidencia por parte do Concello para poder contar con ese segundo centro de día o antes posíbel.

Máis información:

Na páxina web da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar

Na páxina web da Secretaría Xeral do Benestar

Nova na Voz

Un comentario en «Vicepresidencia abrirá dous centros de día en Ribeira»

  1. Como moitas mulleres, traballo e teño que atender a meus pais maiores. Concretamente meu pai ten alzheimer. Alegrame moito saber que en Ribeira teremos un centro de día para persoas con esta enfermidade porque unhas horas que estean ao día sempre é bo para eles pero tamén é un alivio para nós.

    Quero aproveitar para felicitarvos polos bos resultados das municipais. O bo traballo sempre ten recompensa. Seguide así.

    Saúdos

Responder a María Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.