Veciños das Saíñas e BNG solicitan o arranxo do acceso a varias casas

Veciños e veciñas das Saíñas, na parroquia de Palmeira, puxéronse en contacto co Bloque Nacionalista Galego para trasladarlle o prexuízo que padecen cada vez que entran e saen da casa por mor do mal estado no que se atopa o camiño de acceso ás súas vivendas.

O acceso a varias casas nas Saíñas, atópase en moi malas condicións cun pavimento disgregado e cunhas fochancas que provocan que o firme sexa esvaradío e perigoso para o tránsito de vehículos. Segundo o voceiro do BNG, Xosé Vázquez Cobas, se o goberno local tivese unha boa planificación dos recursos e das obras, este camiño estaría arranxado, “pero as prioridades do PP son concentrar os recursos no centro urbano” aseverou.

Vázquez puido coñecer, grazas á información achegada pola veciñanza, que cando chove o camiño enlámase e a auga discorre por el ao non existir sistema de drenaxe nin canalización, situación que dificulta o transito das persoas que acceden ás súas vivendas.

Desde o BNG consideramos que o Concello de Ribeira debería atender estas pequenas cuestións que supoñen un tema moi importante para as persoas que alí viven. “Xa expuxemos máis dunha vez, o goberno local debería resolver estas pequenas cuestións que non requiren grandes investimentos pero contribúen a mellorar a calidade de vida da veciñanza” asegurou Cobas. “É hora de que as veciñas e veciños do rural deixen de ter menos investimentos e menos servizos, así que lle pedimos ao goberno que se poña a traballar para arranxar o camiño e canalice as augas como se debera” concluíu.

Un comentario en «Veciños das Saíñas e BNG solicitan o arranxo do acceso a varias casas»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.