V Milla Solidaria Heroínas de Sálvora

O concelleiro de Deportes Xabier Vidal e o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, presentaron hoxe a V edición da Andaina e Milla Solidaria Heroínas de Sálvora que se celebrará o vindeiro domingo 14 no Porto de Aguiño ás 11 da mañá.

Na presentación tamén estiveron Abraham Carreira e Julia Rey Dios, de Cáritas Aguiño. A inscrición, cun custe de 5 euros, poderase realizar ata o vindeiro xoves 12, e tódolos fondos irán destinados a Cáritas Ribeira.

O concelleiro Xabier Vidal destacou que “a organización destas andainas non só representa unha actividade recreativa, senón que tamén desempeña un papel crucial no fomento da saúde e a cohesión comunitaria.” Pola súa parte, Fernando Abraldes agradeceu á Cofradía de Aguiño “que este ano nos deixa o local da lonxa para tomar un chocolate con churros despois da Andaina”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.