Solicitamos que se regule a limpeza de terreos para evitar riscos e insalubridade

O BNG presentou unha iniciativa municipal pola que lle solicita ao Goberno do PP que proceda á elaboración dunha ordenanza reguladora da limpeza de terreos e solares en chan urbano e de núcleo rural onde se recollan as medidas preventivas de cara a evitar o risco e a insalubridade destas zonas.

A Constitución Española no seu artigo 45 dispón que todos teñen dereito a disfrutar dun Medio Ambiente axeitado para o desenvolvemento da persoa, así como o deber de conservalo. Os poderes públicos velarán pola utilización racional de todos os recursos naturais, coa finalidade de protexer a mellorala calidade de vida e defender e restaurar o Medio Ambiente apoiándose na indispensable solidariedade colectiva.

A protección do Medio Ambiente constitúe por tanto unha necesidade social que as Administración Públicas, e en especial os Concellos como Administración máis próxima ao cidadán, deben tutelar en todas as súas vertentes.

Por todo o Concello de Ribeira hai un grande número de propiedades en estado de abandono, facendo das contornas lugares insalubres onde cada vez é mais difícil que os veciños e veciñas vivan sen preocupación polos focos de infección e contaminación.

Esta ordenanza tería natureza de ordenanza de policía urbana e rural ao mesmo tempo que garantiría a prevención da contaminación, non ligadas a directrices de planeamento concreto, por estar referida a aspectos de salubridade de seguridade e puramente técnicos.

Os propietarios de toda clase de terreos e construcións deberán mantelos en condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade, ornato público e habitabilidade segundo o seu destino e de acordo coas normas de protección ao Medio Ambiente, ao Patrimonio Histórico e da rehabilitación, quedándolles expresamente prohibido manter neles lixo, residuos sólidos urbanos ou entullos e broza.

Será obxecto da normativa contida nesta ordenanza a regulación xeral, dentro do marco das competencias atribuídas ao Concello, de todas as actuacións dirixidas a conseguir as axeitadas condicións de limpeza e hixiene urbana mediante a limpeza dos espazos públicos e privados así como a recolleita, transporte e eliminación de residuos.

Para os efectos desta ordenanza terán a consideración de núcleos urbanos os terreos que o planeamento urbanístico de aplicación directa (Plan Xeral de Ordenación Municipal) clasifique como tales os que reúnan as condicións que sinala o artigo 11 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004 do 29 de Decembro, e seguintes.

Iniciativa municipal:
2010-01-13ordenanza-limpeza-solares.pdf

Un comentario en «Solicitamos que se regule a limpeza de terreos para evitar riscos e insalubridade»

  1. En Artes, no Outeiro, hai un pozo-horta que parece unha piscina! Nin siquera está ben pechado. E pasan moitos rapases por alí cada día. A ver se con esta medida o concello joberna e manda arranxalo antes de que morra alí ninquén.

Responder a Outeiral Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.