Solicitamos o uso terciario para as plantas semisoto

O BNG ven de presentar unha iniciativa municipal, que se debatirá no vindeiro Pleno, pola que se lle demanda ao Goberno do PP que realice os trámites oportunos para que sexa permitido o uso admisible Terciario nas plantas semisoto, feitas ao amparo da normativa vixente, antes de ser aprobado o PXOM de Ribeira, sen prexuízo do cumprimento das condicións que establece a actual lexislación

O artigo 150.2, Ordenanza 1ª do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ribeira establece como “uso admisible: Terciario de Comercio, Oficinas e Hostalería, Industriais no nivel de talleres que non superen os umbrais de compatibilidade domésticos e Dotacións de Interese Social, unicamente en plantas baixas e primeira”. En base a este punto do PXOM, no que quedan excluídos do uso admisible Terciario os semisotos, a Xunta de Goberno Local está denegando Licencias de apertura de establecementos nestas plantas.

Esta situación significa deixar fora de ordenación á planta semisoto (recollida, por outra parte, no Art.93 das citadas Ordenanzas), o que afecta aproximadamente a uns 80 locais, que contan coa oportuna Licenza ao seren construídos ao amparo da normativa vixente no seu momento, antes da aprobación do PXOM, con graves prexuízos tanto para o tecido comercial de Ribeira, en xeral, como para os/as arrendatarios/as dos actuais locais comerciais e para os/as propietarios/as dos mesmos, en particular, sen entrar a valorar a perda do valor patrimonial para estes/as últimos/as como consecuencia desta aplicación do actual PXOM.

Mesmo as persoas afectadas consideran que a denegación de licenzas nestas plantas supón a aplicación da normativa municipal de forma arbitraria e discriminatoria, ao existir numerosos baixos comerciais en peores condicións para cumprir as normas de accesibilidade, Incendios e outras, e con licenza de apertura posterior á aprobación do PXOM, o que supón, ao seu entender, agravios comparativos e a vulneración do principio de igualdade recollido na Constitución.

Iniciativa municipal:
2009-10-07_semisotos_ribeira.pdf

Nova no Correo Gallego:
El PXOM pone en jaque 80 locales en semisótano

Un comentario en «Solicitamos o uso terciario para as plantas semisoto»

  1. Hola.

    Gustaríame pensar que as cousas cando se fan, fánse con un obxetivo coherente a traveso dun estudo ou análise téncicamente evaluado por especialistas á hora de descatalogar o valor de uso dun ben ou dereito. É dicir, que se fan con obxetividade e non de modo subxetivo.

    Neste caso, por suposto refirome ós bens situados no nivel semisoto e ós dereitos que calquer cidadán involucrado nunha acción u omisión da Administración Pública ten dereito a exercer (vaia a redundancia), de modo que sexa informado correctamente a traveso do suxeito de dita acción u omisión.

    Na acción de invalidar o valor comercial dos semisotos non consta a notificación dunha evaluación de riscos nin a intervención de especialistas competentes na materia que determinen as taras específicas que fagan a estes locais inapropiados para o seu uso terciario.

    Esta nova norma, no tocante ós semisotos non se acompaña de informes ou memorias que describan a inaptitiuded técnica destes locais para o seu uso terciaro. Gostaríame que se xustificase, e falo sempre técnicamente. E como di no texto, hay moitos baixos ou entreplantas,que seguramente están en piores condicións que moitos semisotos.

    Sin mor de ofender ós meus veciños. Recibide un cordial saúdo.

    OBR

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.