Solicitamos melloras para Bandaorrío

Bandaorrío Ribeira BNGA través dunha iniciativa da concelleira Dores Vidal Peón, o BNG demandará do Concello de Ribeira o arranxo dos desperfectos na rúa Manzanares e na súa contorna.


Xa son reiteradas as ocasións nas que, desde o Bloque Nacionalista Galego de Ribeira, temos pedido melloras para esta parte do municipio. A veciñanza segue transmitíndonos as súas queixas ante a falta de mantemento que existe. Na actualidade podemos ver partes da rúa peonil con lousas que se moven, outras que están quebradas e isto supón un perigo ao existir risco de caídas.


Rúa Manzanares Bandaorrío Ribeira BNG


En declaracións, Dores Vidal di “a rúa de Portugal e a Praza de Pontevedra deberían ter un lavado de cara e, como mínimo, deberían asfaltarse os tramos que se atopan en peores condicións, xa que podemos ver como hai fochancas bastante profundas nas que un coche pode pinchar unha roda“.


As imaxes deixan ver as lousas rotas e as profundas fochancas que hai no asfalto.


Por todo iso desde o BNG solicitamos que se arranxen as deficiencias e care que existen na zona.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.