O alcalde de Ribeira, Luís Pérez e o concelleiro do Mar, mantiveron unha reunión coa Policía Local para tratar de reducir a problemática do furtivismo.
O furtivismo está a causar un prexuízo económico ás confrarías e no verán vese incrementado ao haber máis poboación e ao estaren as augas máis calmadas. Nun esforzo por protexer os recursos naturais e preservar a sustentabilidade das costas, discutiuse sobre como establecer maior cooperación entre a policía local e os vixiantes das cofradías de Carreira e Aguiño, Palmeira e Ribeira. Durante o encontro destacouse a importancia de tomar medidas proactivas para loitar contra a pesca furtiva, que ameaza a economía local e a explotación marisqueira.
O alcalde destacou que “esta medida non só busca disuadir aos furtivos, senón tamén protexer a aqueles pescadores e mariscadores que operan dentro da legalidade e contribúen ao sustento das nosas comunidades costeiras.”