Ribeira solidarízase cos traballadores de EXOGA e coa veciñanza de Aguiño

A instancias do BNG, o Concello de Ribeira solidarízase cos traballadores de EXOGA coa veciñanza de Aguiño: o concelleiro nacionalista Luís Pérez Barral defendeu a necesidade e urxencia desta proposición ante as problemáticas que estaban a sufrir os traballadores/as de EXOGA así como das molestias que padecen os veciños e veciñas de Aguiño.


A empresa Excavaciones e Obras Públicas de Galicia SL (EXOGA) ten contratada coa Deputación da Coruña unha obra na rúa Francisco Lorenzo de Aguiño para mellorar a seguridade viaria e renovar os servizos. Pleno da Corporación de Ribeira (foto arquivo). Fonte: La Voz de Galicia


A empresa adebeda tres mensualidades ao seu persoal, unha situación que se produce tras levar anos pagando con atrasos importantes e de xeito continuado o que provoca dificultades para o seu cadro de traballadores/as.
O cadro de traballadores/as á espera de atopar unha solución tras unha xuntanza entre traballadores/as e a empresa, esta última notificou despidos disciplinarios a catro traballadores e o inicio do expediente disciplinario ao seu representante, alegando “baixo rendemento”.


Cónstanos que a empresa EXOGA está cobrando periodicamente da Deputación da Coruña pola obra contratada no noso municipio e o último pagamento foi de 45.000€ o 30 de setembro de 2016 mentres que o cadro de persoal non cobrou nada.


No BNG fomos informadas/os de que na execución desta obra producíronse varios incumprimentos graves. Concretamente a empresa non colocou mallazo na fundición da beirarrúa esquerda, sentido Aguiño, nin nos cen metros da beirarrúa dereita. Excepcionalmente colocou fragmentos de mallazo en determinados puntos quedaba visíbel para simular que a obra se executou segundo o contratado.
Así mesmo, en practicamente ningún punto se cumpriu coa execución dunha capa de 10 cm. de grosor chegando a duras penas aos 6cm.


Por outra banda, a empresa non conta coa xestión axeitada de resíduos das obras que realiza, no seu lugar está a soterrar ilegamente grandes cantidades de cascallos, formigón e aglomerado, xunto con outros refugallos nunha parcela denominada “Cuatro Vientos” sita no lugar de Esmorode (Santa Comba). Esta situación xa se puxo en coñecemento do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA).
Estes feitos están motivados na maximización de beneficios empresariais a conta de non cumprir cos servizos contratados e a conta do medio natural.


Por todo o anteriormente exposto o BNG solicitou e aprobou por unanimidade:


A) Que o Concello de Ribeira se solidarice coa situación do cadro de persoal de EXOGA amosándolle o apoio da Corporación Municipal e solicitando o cumprimento da lexislación vixente en defensa dos seus dereitos.
B) Que o Concello de Ribeira esixa da empresa o pagamento das nóminas que lle adebeda aos seus traballadores/as así como o cumprimento dos dereitos e obrigas que lle son encomendadas pola lexislación vixente.
C) Que o Concello de Ribeira notifique o acordo plenario á empresa e ao cadro de traballadores/as así como poñer en coñecemento da Deputación da Coruña os supostos fallos na realización das obras.
D) O Concello de Ribeira solidaríazase coa veciñanza de Aguiño pola mala realización desta obra.

A propisición do BNG foi aprobada por unanimidade – Proposición completa


Outros asuntos:
Proxecto Ribeira Atlántica EDUSI 2020 cunha achega de fondos FEDER de 5.000.000€ e fondos achegados polo Concello de Ribeira 1.250.000€. Aprobado por unanimidade
Solicitude do BNG para mellorar a sinalización viaria no entorno da capela da Guía en Carreira.
Aprobación da conta xeral do 2015 onde se deu conta dos ingresos e gastos. Votos a favor do PP, 3 edís non adscritos, contra do BNG e abstención de IPR e PSOE. C’s asuente
Toma posesión de Juan Manuel Reiriz (IPR) trala dimisión de Manuel Lixó (IPR).
Notificación do paso de Asier Casais e María Brión do grupo de C’s ao grupo de non adscritos.
Resolución dos expedientes de expropiación para proxecto de recuperación integral do río Artes.
Renovación rúa Álvaro Cunqueiro por importe de 164.300€. Aprobado por unanimidade
Proposición para solicitar a adecuación das casas do mar de Aguiño, Ribeira, Palmeira e Corrubedo. Aprobado por unanimidade

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.