O Concello de Ribeira habilitou unha partida de case 22.000€ para destinar a persoas empadroadas no municipio que teñan recoñecida a dependencia ou a discapacidade e necesiten adquirir ou alugar material técnicas ou realizar adaptacións funcionais no fogar, na procura da súa autonomía persoal e dereito a accesibilidade e, polo tanto, favorecer unha vida o máis autónoma posible dentro das circunstancias persoais de cada individuo e mellorar a calidade de vida das persoas beneficiarias das axudas.
O alcalde, Luís Pérez Barral, resaltou que estas axudas van facer que Ribeira teña por primeira vez, en colaboración coa Deputación da Coruña, axudas co obxetivo de “gañar calidade de vida para a poboación dependente, con enfermidades que precisan a adaptación no fogar”.
O alcalde anunciou que hai 3 tipos de axudas: a primeira corresponde a axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria tales coma camas hospitalarias, andadores, cadeiras de ducha, barras de apoio para o baño, entre outras; a segunda corresponde ás adaptacións funcionais do fogar e eliminación de barreiras arquitectónicas máis en loxística
de comunicación no interior da vivenda e no exterior se é de uso privativo; e finalmente unha terceira que corresponde á adquisición de audiófonos e próteses dentais.
O custo das mesmas serían ás axudas técnicas cunha contía máxima subvencionable 1500€; nas adaptacións no fogar e eliminación de barreiras arquitectónicas unha contía máxima subvencionable 2000€; e finalmente para a adquisición de audiófonos ou próteses dentais sería unha contía máxima subvencionable 600€ e 300€ respectivamente.
O alcalde rematou mostrando a satisfacción de poder sacar por vez primeira un tipo de axudas neste sentido, “esperemos que poida chegar a moitos fogares e iremos analizando nas futuras edicións; se é preciso incrementar este tipo de axudas ou de ir adaptando e facendo modificacións que vaian suxerindo as persoas preceptoras destas axudas”.
A coordinadora dos Servizos Sociais informou que se poden consultar as bases de convocatoria na páxina web do Concello pero recomenda aos interesados que se dirixan ás dependencias dos Servizos Sociais porque con base a este programa contratouse unha profesional, Elena Calo “que estará reforzando este programa para o asesoramento e axuda para cumprimentar este tipo de expedientes para que as persoas non teñan tanta dificultade á hora de presentar a documentación”. Francisca Vidal deixou constancia que estas axudas non son só están pensadas para persoas maiores dependentes; “tamén están pensadas para a atención á diversidade; calquera axuda técnica para a súa formación ou vida diaria…”.
Vidal destacou que o prazo para solicitar as axudas é de 2 meses, a contar dende o 1 de agosto de 2025 ao 1 de outubro de 2025 pero os gastos se poderán computar dende o 1 de xaneiro. Paar finalizar cabe resinar que nas axudas tamén poderase computar alugueiros de aparellos ou servizos.

