Ribeira precisa un novo mercado

Entrega de sinaturas reclamando un novo mercado

As vendedoras e vendedores do Mercado Municipal reclaman, con máis de 2.000 sinaturas, un novo mercado. Tamén lle demandan ao alcalde que cumpra cos seus compromisos.

O BNG apoia esta reivindicación dun novo MERCADO MUNICIPAL para Ribeira, céntrico, moderno, funcional e accesible a toda a cidadanía.

A portavoz municipal do BNG, Dominga Brión, acompañou a unha representación das praceiras e praceiros na entrega no rexistro municipal das 2.200 sinaturas recollidas, que hoxe lle fixeron chegar ao goberno municipal, para esixir un novo mercado.

O estado do actual Mercado Municipal non é acorde ás necesidades dos/as comerciantes que nel operan, nin dos/as usuarios/as que o utilizan. As características da cidade de Ribeira e da súa area de influencia fan necesario un novo mercado ben situado, moderno e funcional, que favoreza a actividade comercial de proximidade, co conseguinte beneficio para a economía local e, polo tanto, para toda a cidadanía.

Por outra banda, hai que lembrar que en plena campaña electoral o actual goberno de PP presentou un “mercado virtual”, que se construiría en chan de Portos, sen ter sequera previamente solicitada a autorización. A estas alturas, BNG e vendedoras/es reclámanlle que cumpra cos seus compromisos electorais.

Nova no Canal Rias Baixas:
Máis de dúas mil sinaturas apoian a construción dun novo mercado en Ribeira

Nova no Diario de Arousa:
As/os praceiras/os de Ribeira proporán ao Concello ampliar o actual mercado

Nova no Correo:
As/os praceiros prantexan a alternativa de ampliar o actual edificio do mercado

2 comentarios en «Ribeira precisa un novo mercado»

  1. Hace mucho tiempo que el alcalde habló de hacer la plaza de abastos en terrenos del puerto. ¿Por que la Xunta no ayuda?
    Las placeras, que respeto, ¿solo se acuerdan de la nueva plaza cuando hai elecciones a la vista? Ellas ¿que hacen a favor del nuevo mercado? O nos unimos todos o no vamos a ninguna parte. Ya tenemos capitán, ¿no hai tripulación?
    Saludos de Neo.

  2. Como se supón que lle ten que axudar, Neo? O alcalde e o goberno do PP están nunha actitude de constante confrontación coa Xunta, simplemente para reforzar o seu papel vítimista: A Xunta non fai nada en Ribeira! Iso si, logo oponse a que lle fagan locais de ensaio, galescolas, ...

    O alcalde pode falar moito na prensa e na taberna, pero se non o fai onde o ten que facer, non vale de nada. A quén se lle ocorre vender o porco antes de telo? Pois se vendes un “mercado virtual”, elección tras elección, antes de xestionar a súa localización é o que se está facendo, ou non?
    Ademais, cando te comprometes a algo, o normal é que logo che pidan que cumpras, non che parece? Non me digas agora que son as praceiras as que teñen que facer un novo mercado! Levan meses recollendo sinaturas, colleron máis de 2.000. Non che parece suficiente?

    De verdade crees que temos capitán? Pois non se ve por ningunha parte. Por certo, a tripulación que ten só está para cobrar dedicacións exclusivas a fin de mes, mentres, Ribeira vai a deriva.
    Saúdos

Responder a Dana Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.