A conselleira de Igualdade e Diversidade, Cruz Rivadulla informou que co comezo das diferentes festas que se van a celebrar na cidade e que atraerán a milleiros de persoas, o CIM de Ribeira xunto coa Cofradía da Dorna e a asociación de Mulleres en Acción, “xuntas deseñamos unha serie de actividades e protocolos para velar pola seguridade das festas, para que sexan festas onde nos sintamos libres de todo tipo de agresións machistas”. Rivadulla detallou parte das medidas e accións que se van a levar a cabo, “imos a repartir dende o CIM a través da Festa da Dorna nos puntos violetas; tapa-vasos para evitar as agresións de sumisión química ou evitar que lle voten calquera sustancia química e así previr este tipo de práctica”, a concelleira engadiu, “as outras actividades que faremos serán, a instalación de puntos violeta o 18 en Banda ao Río,o 19 na Porta do Sol e o 24 xullo na Avenida do Malecón en horario de 22:00 a 3:00 horas pola Festa da Dorna, despois para as Festas de Agosto o día 30 de xullo na Praza de Pontevedra, o 31 de xullo na Praza de España, o 1 de agosto na Praza das Heroínas de Sálvora, o 2 na Praza de España e o día 3 na Avenida do Malecón”, rematou incidindo que son puntos onde calquera persoa que se sinta acosada, agredida ou calquera violencia, pode solicitar información.
Estes puntos violeta “están dirixidos á prevención e intervención en materia de violencias machistas”; os seus obxectivos son, “sensibilizar na erradicación da violencia machista e, máis concretamente da violencia sexual, promocionando información sobre estas materias”. Proporcionar información sobre a finalidade dos puntos e sobre os recursos e servizos especializados cos que conta o concello e a nosa comunidade en materia de violencia de xénero e outras violencias machistas. Tamén atender e, no seu caso, acompañar a mulleres ou adolescentes, que sufran algún tipo de violencia de xénero, en especial violencia sexual, ou a persoas que sufran outras violencias, informar ás persoas que sufran outras violencias machistas, a ás persoas que presencien algunha manifestación relacionada coas violencias machistas; para seber como se debe actuar nestes casos.
Os puntos violetas disporán cada un de dúas profesionais con formación e/ou experiencia en dinamización de actividades relacionadas coa prevención de violencias machistas así como o manexo do protocolo de actuación nas violencias machistas, en especial coa violencia sexual e a violencia asociada a condutas LGTBIfóbicas.
Para rematar informouse que se está traballando en colaboración tamén con outras entidades como Mulleres en Acción ou Malas Herbas para a Festa da Dorna, afirmou que ao final “creouse entre todos e todas un protocolo máis exhaustivo para o tema da hostalería á cal se lle vai a repartir dito protoco”; dixo facendo referencia ao aumento de locais de hostalería que se sumarán aos puntos violetas, coa novidade este ano; de incorporación de información cun protocolo simplificado tanto nos baños femininos con coma masculinos e tamén visible na barra do local hostaleiro.

