O rexedor, Luís Pérez Barral xunto co concelleiro de Mar, trasladáronse a Aguiño á nave das redeiras para presentar un acto solemne que se vai celebrar o vindeiro 16 de maio ás 12.30 horas na Sala Museo Municipal de Ribeira para honrar o traballo das redeiras.
As nove redeiras traballan para sete cerqueiros que se atopan agora mesmo na campaña do bocarte no Cantábrico, agora están traballando no aparello da sardiña e do xurelo para cando veñan da campaña do bocarte. Pérez Barral explicou que “dende o concello queremos promover esta homenaxe ás mulleres do mar que xa se iniciou o ano pasado porque entendemos que a muller tamén ten que ter un papel visible neste sector que é fundamental para a economía de Ribeira”. O rexedor falou de “dar a visibilizar un sector feminizado que é do máis invisible da cadea mar-industria”.
Barral para finalizar tendeulle a man á consellería do Mar, “para que poidan ter unha condicións dignas de traballo, unhas instalacións optimizadas…, e tamén a Portos de Galicia para que os redeiros de Ribeira se poidan trasladar antiga lonxa de Ribeira”.

