Ribeira solidarízase co pobo saharauí

Este sábado pasado a organización Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) reuniu a 300 veciños e veciñas da Barbanza nunha cea solidaria co fin de recadar cartos para a urxencia humanitaria que se vive no Sáhara Occidental, vemos con isto que hai grande afecto e solidariedade do pobo galego cara o pobo saharauí.


O BNG é unha organización que leva anos loitando en favor do pobo saharauí en colaboración con SOGAPS e coa Frente Polisaria. Así mesmo, membros do BNG Ribeira fixeron unha doación a esta asociación para contribuir co noso gran de area na axuda humanitaria e compañeiros nacionalistas como Carlos Callón, Áurea Santos e Luís Pérez acudiron á cea solidaria. Nese compromiso solidario o concelleiro Luís Pérez xa acudira en 2013 aos campamentos de refuxiados.


Durante o mes de outubro, en especial os días 17 e 18 de outubro, os campamentos de refuxiados do Sáhara Occidental padeceron chuvias torrenciais que deixaron unhas tráxicas e terríbeis consecuencias, importantes asolagamentos causando perdas materiais que deixaron arredor de 25.000 saharauís sen construcións de adobe e/ou haimas.


Sáhara Occidental. Bloque Nacionalista GalegoPor sorte non temos que lamentar a perda de vidas humanas, mais segundo as cifras fornecidas por SOGAPS e a Media Lúa Vermella, os danos materiais son moi cuantiosos. O goberno da Fronte Polisaria e organizacións como Media Lúa Vermella ou ACNUR xa traballan para minimizar as consecuencias destes danos materiais, dándolle prioridade á sanidade e ao abastecemento de auga potábel.


Aproximadamente 150.000 persoas, viven refuxiadas en condicións infrahumanas desde hai case corenta anos, no deserto alxeriano, un dos lugares máis inhóspitos e inhabitábeis do planeta, preto de Tinduf. Nos últimos anos, coa pretensión de dobregar o pobo saharauí, reduciuse de xeito alarmante a axuda humanitaria e o programa de alimentos, imprescindíbeis para a subsistencia dos refuxiados e refuxiadas.


Malia que o Concello de Ribeira colabora todos os anos co programa vacacións en paz que trae crianzas durante o verán, ante a gravidade da situación e as súas consecuencias, cómpre habilitar fondos para a axuda internacional que contribúan a paliar os danos, sobre todo para a reconstrución de escolas e hospitais.Inundacións Sáhara Occidental. BNG Ribeira


Non obstante, cabe destacar que esta axuda de urxencia non é a solución definitiva, senón que nestes corenta anos, nin a comunidade internacional a través das Nacións Unidas, nin o Estado español como responsábel do proceso de descolonización do Sáhara Occidental (antigo territorio do Estado), foron quen obrigar a Marrocos a pór fin á ocupación ilegal do Sáhara Occidental e garantir o respecto do dereito internacional e o cumprimento das resolucións das Nacións Unidas que recoñecen o dereito de autodeterminación do pobo saharauí, sendo esta última a verdadeira e única solución.


Por todo o exposto anteriormente o BNG solcita a aprobación dos seguintes acordos:


- Que o Concello de Ribeira se comprometa a habilitar unha partida orzamentaria de urxencia en cooperación con SOGAPS, para axudar ao pobo saharauí ante os danos causados polas choivas torrenciais.
- Que o Concello de Ribeira faga un chamamento público apelando á solidariedade da veciñanza, comprometéndose a coordinar a recepción da axuda.
- Manifestarmos o apoio do noso concello ao pobo saharauí, expresar a condena pola ocupación ilegal que fai Marrocos do territorio do Sáhara Occidental e reclamar a súa descolonización definitiva a través do exercicio do dereito á autodeterminación recoñecido polas Nacións Unidas.


Máis información sobre a ocupación ilegal de Marrocos e como mantén desterrado ao pobo saharauí co 2º muro máis longo do mundo: http://bbc.in/1N5CKpg

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.