O Festival Atlántica vén de presentar este martes, 17 de xuño, o programa completo da súa décimo terceira edición, que se vai celebrar entre o 28 de xuño e o 6 de xullo. Na rolda de prensa participaron Anxo Lorenzo, director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Xosé Penas, deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña; Míriam Louzao, concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica do Concello de Santiago; e Soledad Felloza, directora de Atlántica. Ademais, tamén acudiron ao evento numerosos representantes de concellos do festival, como no caso de Ribeira que estivo representada por a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla.
Atlántica en Ribeira
Este ano 2025 o Festival Atlántica desembarca en Couso e na Corna, de Penisqueira a Palmeira. Rivadulla anunciou que o día 4 de xullo Celso Sanmartín, “o benquerido amigo de Quico Cadaval, contará historias ao carón do lavadoiro de Penisqueira, co bater do mar de fóra como fondo”, e tamén anunciou que o día 5 a palabra galega de Aída Cobas “mesturarase coa fala portuguesa de Miguel Gouveia no piñeiral da Corna, a proximidade das dúas linguas irmás que o mar acolle e bate”.
Venres 4 de xullo 21.00 h.
“As voltas dos contos”, Celso Fernández Sanmartín (Galicia)
Lavadoiro de Penisqueira. Público adulto (galego)
Sábado 5 de xullo 21.00 h.
“Venme ao bico un conto”, Aída Cobas (Galicia) e Miguel Gouveia (Portugal)
Piñeiral da Corna (Palmeira). Público adulto (portugués e galego)

