Reunión de Voceir@s coa Comisión Veciñal de Aguiño

Reunión de Voceir@s Municipais coa Comisión Veciñal de Aguiño

O pasado xoves, día 19 de xullo, participamos xunto coas Voceiras do PP e IPdeR e co Voceiro do PSOE, nunha xuntanza organizada pola Comisión Veciñal de Aguiño, para expoñer cada quen a súa postura a respecto da EDAR de Ribeira que se pretende ubicar en Aguiño. Á reunión tamén asistiron o Patrón Maior da Confraría de Aguiño así como representantes do cabildo e o presidente dos mariscadores.

Durante a reunión, que tivo lugar na casa do mar aguiñense por espazo de máis de dúas horas, os representantes da asociación explicaron aos Voceir@s a súa desconformidade co anteproxecto presentado pola Consellería de Medio Ambiente para a localización definitiva da depuradora, que vai a significar “o vertido diario de 22,5 millón de litros de auga doce a abra de Aguiño, a 4 metros de fondo e a 200 metros da praia”, según indicaron. Tamén criticaron que o programa de construción da nova planta inclúa o tratamento de residuos industriais procedentes do polígono industrial de Xarás.

Finalmente o Voceiro e as Voceiras Municipais comprometéronse diante da comisión ao seguinte:

Por parte do goberno do Concello, e a petición da Comisión, a estudar outras alternativas e promover unha reunión de representantes da Comisión e os portavoces cos técnicos e responsables políticos da Conselleria.

A voceira de IPdeR a recabar información e “facerse oír ante quen queira escoitala”.

O voceiro do PSOE, a transmitir o contido da reunión da “maneira máis fidedigna posible” ó Conselleiro de Medio Ambiente para reconsiderar de maneira urxente todo o tema.

Pola miña parte, en nome do BNG, a presentar unha iniciativa coas propostas da Comisión ó Pleno do Concello e tamén ó Parlamento Galego.

Os membros da Comisión concluíron a reunión agradecendo a asistencia a todos os presentes e insistindo en que “decisións mal tomadas ata o momento e ás presas non poden hipotecar un fin necesario, como é o saneamento integral”.

Nova na Voz:
O Concello de Ribeira comprométese a estudar alternativas para a depuradora

3 comentarios en «Reunión de Voceir@s coa Comisión Veciñal de Aguiño»

  1. Ola,
    Eu aprobo totalmente que fagades reunións informando os cidadans das posibilidades e dos perxuizos que pode ter o poñer nun sitio ou en outro a EDAR, así como o de facer unha depuradora específica para o Polígono, pero tamen vexo, ou moito me equivoco, que parece que se enfoca de cara os veciños de Aguiño, cando Ribeira ten un importante problema de saneamento, especialmente en algunhas zonas como pode ser o cruce das calles General Franco con Rosalía de Castro.
    Por todo esto pregúntome se non sería posible que lle pedírades as distintas Asociacións de Empresarios do noso Concello a sua postura e que nos acompañaran, pois son moitas as empresas que teñen problemas en esa zona, e mais en outras, e polo menos seríamos mais e se nos escoitaría mellor.
    Tamen quixera pedir, se é posible, que a traves do Blog indicárades das actuación, reunións etc que teñades programadas, pois moita xente, eu incluido, enterámonos cando xa aconteceu todo.
    saúdos

  2. Ola Jaime:
    Coido que tes moita razón no que dis. En todo caso aquí o que está en cuestión é o sistema de depuración que Ribeira necesita, e nos parece que debería ser estudiado un pouco máis de vagar.
    Con respecto a información no blog, tentarémolo sempre que nos sexa posíbel.
    Saúdos

  3. Solo queria dar queixa do cheiro que hai estos dias no rio Listres, si maña martes dia 31 ides a presentar as firmas para o da depuradora, aconsello que pasedes por esta beira e tomedes notas do problema.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.