Resumo do Pleno de organización mandato 2019-2023

O pleno de organización tivo lugar o 4 de xullo de 2019.

- Aprobouse por unanimidade seguir desenvolvendo as sesións plenarias o último luns de cada mes ás 20:00h agás agosto e decembro.

- A organización das comisións informativas contará coa seguinte composición: 4 edís do PP, 2 edís de PBBI, 1 edil do PSOE, 1 edil do BNG e 1 edil de SR.

- A proposta de persoal eventual será a seguinte:

Secretaría de alcaldia cun salario bruto anual de 27.109€
Responsábel de comunicación cun salario bruto anual de 31.967€.

O persoal eventual pasa de 3 a 2 neste manado e o responsábel de comunicación fará traballo para todos os grupos da Corporación Municipal, até o momento só facía traballo para o equipo de goberno.

Aprobado cos votos a favor do PP, en contra de PBBI e SR e abstención de PSOE e BNG.

- A proposta de dedicacións será a seguinte:

Alcalde: réxime de dedicación exclusiva con 55.482€ brutos anuais.

Concellaría de Infraestruturas, Obras e Cultura: réxime de dedicación exclusiva con 33.610€ brutos anuais.
ConcellarÍa de Persoal, Benestar Comunitario, Mercados e Consumo: réxime de dedicación exclusiva con 33.610€ brutos anuais.
Concellaría de Servizos Sociais, Promoción Social, Igualdade e Diversidade: réxime de dedicación parcial do 75% con 25.207€ brutos anuais.

Concelleiro/concelleira de cada grupo municipal (PBBI, PSOE, BNG) con réxime de dedicación parcial do 75% de 25.207€ brutos anuais.

Os concelleiros e concelleiras con dedicación exclusiva ou parcial non percibirán ningún outro ingreso por asistencias.

Esta é a proposta que fixo o PP aos grupos que integran a Corporación Municipal, se o BNG tivese responsabilidade de goberno a proposta tería sido ben diferente. O BNG non apoiou favorabelmente esta proposta porque consideramos que hai aspectos que se poderían ter formulado doutro xeito, como son as dedicacións parciais. O Bloque propoñía unhas dedicacións de menor contía económica e non teríamos modificado á alza o réxime de dedicacións exclusivas. Malia isto, a asemblea local do BNG decidiu non votar en contra porque considerou que non se debe caer na crenza de que o traballo político e social en favor da veciñanza non debe ser remunerado. Coa idea de que a política ten que ser un traballo totalmente gratuíto, voltaríamos ao pasado no que só se podían dedicar á política as clases adiñeiradas e poderosas, excluíndo do exercicio público ás clases populares e traballadoras.


Desde o BNG, comprometemos realizar traballo en beneficio das veciñas e veciños de Ribeira e as súas parroquias, facer traballo para procurar solucións aos problemas e desenvolver un labor continuo de fiscalización das contas e da acción de goberno. Sabemos que hai quen tenta xerar polémica, mais o BNG fará unha oposición construtiva, firme e rigorosa pensando sempre no beneficio social dos ribeirenses e ribeirensas fronte as liortas e carraxes persoais.


Cómpre informar que os e as edís do BNG que non teñen dedicacións doan o 100% das asistencias á organización e realizan o seu labor de maneira altruísta. Aqueles concelleiros/as que teñen dedicacións deben cumprir coa carta financeira.


A proposta foi aprobada cos votos a favor de PP e PSOE (maioría absoluta), contra de PBBI e SR abstención do BNG.

- A proposta de asistencias órganos colexiados, indemnizacións e artribucións aos grupos políticos será a seguinte:

Asignación por grupos políticos: 900€ importe fixo mensual máis 50€ de importa variábel por edil. Esta contía non pode destinarse a persoal e está fiscalizada polo departamento de intervención.
Asistencia a Pleno: 120€/sesión
Xunta de voceiros: 60€/sesión
Xunta de goberno local: 40€/sesión
Comisións informativas: 25€/sesión

Estas cantidades veranse reducidas nun 50% a partir da segunda sesión se hai máis dunha sesión no mesmo día.

Aprobado cos votos a favor do PP, en contra de PBBI e SR e abstención de PSOE e BNG .

Imaxe: momento da votación no punto das dedicacións

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.