“Asfaltado e ampliación das beirarrúas da Rúa de Lugo” o compañeiro Luís Pérez Barral, levará esta cuestión ante o Pleno e ante o goberno de Ribeira.
A rúa trátase dunha vía céntrica moi utilizada, debido á regulación do tráfico rodado, que obriga a pasar por ela se queres dirixirte cara a Praza do Concello, Rúa Mariño de Rivera, Rúa Otero Pedraio, 9 de agosto, entre outras.
O asfalto desta rúa xa leva moito tempo en malas condicións, habendo lugares con fochancas, e firme irregular nalgún tramo.
Alén dos problemas da estrada, as beirarrúas actuais son estreitas, nalgún tramo teñen pendentes excesivas e mesmo están desfeitas polo que se deberían ampliar para darlle máis espazo a viandantes e reducir as dificultades e obstáculos ás persoas con mobilidade reducida. Unhas beirarrúas amplas tamén beneficiaría aos establecementos comerciais.
Por todo isto, o BNG solicitará:
1. Asfaltado da Rúa de Lugo.
2. Ampliación das beirarrúas existentes, contemplando a posibilidade de plantar árbores.
3.Renovar os servizos de abastecemento de auga, saneamento, no caso de ser necesario e soterramento do cableado.