Reforzo da seguridade viaria, coidado de áreas deportivas e aumento de zonas verdes centran as propostas do BNG para destinar os fondos provinciais

Rexistramos un documento con propostas centradas en reforzar a seguranza viaria e dotación de servizos básicos, mellorar as instalacións deportivas e aumentar os espazos de lecer e zonas verdes do municipio.

Solicitamos que a escolla das actuacións nas que se investirán preto de 1,5 millóns de euros que concede a Deputación da Coruña mediante o Plan Único 2023, se faga co dialogo e consenso de tódolos grupos da Corporación Municipal. O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, insta ao goberno local a “dialogar máis” para evitar présas de última hora e facer todo “tarde mal e arrastro como pasou cos Orzamentos do ano 2022”.

Aglutinamos as proposta en tres grandes bloques: reforzo da seguranza viaria, mellora dos espazos deportivos e un aumento dos espazos de lecer e zonas verdes. Segundo informaron os concelleiros Luís Pérez Barral e Cruz Rivadulla Márquez, “incluíronse actuacións que pediron veciñas e veciños”, xunto con outras propostas pensadas polo BNG para resolver necesidades importantes e que “cómpre atender”.

As propostas de reforzo da seguranza viaria destacan a renovación da rúa Sidreiras con novo firme e beirarrúas, as reformas integrais con beirarrúas e asfaltados novos nas rúas Colón e Monumento, a ampliación e dotación de sumidoiros na rúa Revolta de Castiñeiras, dotación de beirarrúa e pavimentación da rúa Iñeiras en Olveir, a mellora da estrada que vai ao Corgo en Corrubedo e a pavimentación e dotación de servizos na rúa Esteirón e accesos á Corna en Palmeira.

Con respecto á mellora das instalacións deportivas inclúen dotar de torres de iluminación o campo de fútbol de Carreira, construír novos vestiarios no campo de fútbol de Oleiros, mellorar a zona do Campo da Tasca con novo mobiliario así como unha renovación integral da casa da cultura de Aguiño.

Por último e para aumentar os espazos de lecer e zonas verdes no municipio, o BNG propón implementar un plan “Reverdecer Ribeira”, no que se contempla a adquisición de terreos para facer unha alameda no centro urbano, cubrir o parques infantil das Avesadas para usar cando chove, construír dous aseos públicos en Ribeira, rehabilitar o lavadoiro de Gude en Artes como espazo de ocio e dotar á zona de Bretal dun parque infantil e zona verde.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.