Reforzo da seguridade no parque infantil Castelao de Aguiño coa instalación dunha nova varanda

O Concello de Ribeira continúa cos labores de renovación e mantemento dos parques infantís en tódalas parroquias do municipio.


No día de hoxe rematouse a instalación dunha nova varanda no parque da rúa Castelao de Aguiño. Durante as obras realizadas na rúa Castelao retirouse a anterior varanda e hoxe rematou a colocación dunha nova varanda de piñeiro con imprimación en sulfato de cobre e tratado en autoclave.

“Despois das obras na rúa Castelao, onde se retirou a varanda vella do parque, encargouse unha nova para cubrir todo o perímetro co obxectivo de reforzar a seguridade dos nenos e as nenas” manifestou o concelleiro de Obras, Xabier Vidal.

Vidal Peón asegura que o goberno local seguirá progresivamente actuando en áreas infantís para garantir a seguridade dos parques infantís porque “é un aspecto crucial para o benestar dos nenos e nenas, creando un ambiente máis cómodo e agradable para que gozan das actividades ao aire libre durante máis tempo”.