Recoñecemento ao boxeador Juan Luis Fernández

O Concello de Ribeira recibiu hoxe ao boxeador ribeirense Juan Luis Fernández, campeón de España de Boxeo.

Membros do equipo de goberno parabenizaron ao deportista polos éxitos acadados e animaron a que siga esforzándose para acadar novos títulos. Juan Luis entrena no ximnasio El Barrio de Ribeira; e foi Campeón Canada WBC en Thai Boxing, Campeón do Mundo WBC, Campeón Rexional de Asturias, Campeón Galego de Boxeo e Campeón de España de Boxeo.

O deportista foi agasallado cunha peza de cerámica galega e un bono para gastar no comercio local. “Teño que agradecer ao equipo de goberno este recibimento, non só a min, se non tamén ao meu clube que traballa comigo día a día; e polo seu apoio aos deportistas locais” afirmou.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.