Reclamámoslle en Pleno ao Goberno do PP que actúe para garantir o normal funcionamento do aparcadoiro do Centenario

Dominga Brión, Xosé Luís Groveiro e Ana Álvarez no Pleno de decembro de 2010

No último Pleno ordinario, celebrado o pasado luns, o BNG solicitoulle ao Goberno do PP que tomara as medidas oportunas para garantir o normal funcionamento do aparcadoiro da Praza do Centenario. A voceira do BNG, Dominga Brión, considera que non é de recibo que coa problemática que hai de falta de aparcamento, teñamos un aparcadoiro de arredor de 600 prazas no medio do pobo, practicamente baldeiro, mentres o Goberno do PP mira para outro lado.

Máis información:

O PP, votando balóns fora, dixo que estando o tema no xulgado non se podía facer máis. Dominga Brión respondeulle que a empresa se atopa en Concurso Voluntario de Acredores dende o 18 de marzo de 2010. Isto significa que quedan en suspenso as débedas anteriores a esa data, debendo determinar o procedemento cando e como deben pagarse. Con todo, hai que reclamalas, algo que non fixo o Goberno do PP, cun claro prexuízo para as arcas municipais, xa que reclamou só uns 12.000 €, dos máis de 60.000 que se lle endebedan ao Concello.

A portavoz do BNG tamén indicou que o fin do concurso é a reestruturación da empresa, asegurándolle aos acredores o pago das súas débedas dende o día da declaración do concurso. E dicir, dende o 18 de marzo do 2010 até hoxe, o aparcadoiro debería funcionar con normalidade, pagándolle ao Concello o canon, o IBI (contribución), IAE (Imposto de Actividades Económicas), auga e saneamento, algo que non fixo, e que tampouco o Goberno lle reclamou.

Outros datos:

O aparcadoiro do Centenario iniciou o seu funcionamento en Xullo do 2006, coincidindo coa visita real. Funcionou as 24 horas até decembro do 2008. A partir desa data, dous dos catro traballadores perden o seu emprego, colocan portóns e o aparcadoiro o seu horario é o seguinte: luns a venres de 8 a 22 horas; sábados de 8 a 15 horas; polo tanto, pasou de estar aberto as 24 horas a pechar polas noites, os sábados pola tarde e os domingos e festivos todo o día.

Iniciativa Municipal

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.