Reclamamos unha ordenanza reguladora do urbanismo

O PP de Ribeira, unha vez máis, rexeita unha proposta do BNG para regular o urbanismo

O BNG de Ribeira ten denunciado en multitude de ocasións a política urbanística do PP de Ribeira. Nesta ocasión presentamos en Pleno unha iniciativa pola que demandamos a elaboración dunha ordenanza para regular o urbanismo en Ribeira. Na moción, que o PP votou en contra no pasado pleno ordinario de setembro, reclamamos algo que nos parece fundamental: a necesidade de crear algún mecanismo que poña fin ao gran caos urbanístico deste Concello; un marco legal no que poida ampararse a cidadanía.

Son multitude os veciños e veciñas que se queixan pola tardanza das licencias, ou por non saber que facer ao atoparse ante o caso de que as licencias municipais estean condicionadas a autorizacións das Consellerías competentes, porque ninguén lles aclara que pasos teñen que seguir e como deben facelo.

Pero poñendo como escusa que xa está todo regulado, o Grupo Municipal do PP vota en contra desta proposta que so viña a poñer un pouco de orde neste departamento, onde a lexislación existente, o propio PXOM, é ambiguo e da lugar a múltiples confusións que poden perxudicar considerablemente á nosa veciñanza.

Iniciativa municipal:
2008-07-17-ordenanza-reguladora-de-licencias-urbanistica.pdf

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.