Reclamamos que se retire a gabarra de Corrubedo

Imaxe actual da gabarra embarrancada en Corrubedo

O BNG ven de presentar iniciativas tanto no Concello, como no Parlamento Galego e no Congreso dos Deputados reclamando que se fagan as xestións oportunas para retirar a gabarra “Yamburg” da zona de Corrubedo

O 19 de xaneiro encallaba na praia de Balieiros (Corrubedo) a gabarra “Yamburg”. Esta barcaza era remolcada dende o porto grego do Pireo até Tallín (Estonia) cando o forte temporal que facía eses dias a arrastrou ata as rochas da praia de Balieiros, concretamente a unha zona conocida como As Cobas. Trátase dunha plataforma de máis de 30 metros e con unha grúa de grandes dimensións.

Os informes da Capitania Marítima aconsellan desmontar a nave desde terra por non haber perigo de vertidos, pero dende entón, a gabarra segue varada no mesmo sitio. Uns dias despois deste incidente, a Capitania Marítima indicaba que a armadora propietaria tiña que depositar un aval diante de facenda nun prazo dunha semana, para que no caso de que os propietarios non se fixeran cargo do coste, o Estado pudera acometer o seu desguace.

Tanto salvamento como a Capitanía señalaban que unha vez resolta a tramitación burocrática, procederíase a desmontar a gabarra. Sen embargo, transcurridos oito meses a situación segue a estar igual, a gabarra ocupando unha zona de importante valor natural e paisaxístico, e o enorme impacto que eso provoca nun entorno único como e o de Corrubedo.

A situación preocupa os mariscadores e percebeiros da zona, dado que está encallada nuha área relevante productiva de percebe. Catro meses máis tarde de encallar na zona mencionada, e cos movementos das mareas, a barcaza xa provocou a ruptura de varias áreas rochosas onde se cría o percebe. Ademais, según pasa o tempo o deterioro da gabarra é evidente e o seu estado empeora, tamén se teme que o óxido afecte ós bancos de marisco.

Polo tanto, antes de que comence o inverno, sería convinte que a Administración actuara e procedese a desguazar esta barcaza.

Iniciativa Municipal:
2009-09-18-gabarra-de-corrubedo.pdf

Iniciativa Parlamento Galego:
2009-08-31-gabarra-corrubedo.pdf

Iniciativa Congreso Deputados:
2009-09-14-gabarra_yamburg_corrubedo.pdf

6 comentarios en «Reclamamos que se retire a gabarra de Corrubedo»

  1. Como se pode mentir en tan pouco espazo. Que lle digades a un de sécano que na zona onde esta a gabarra “preocupa os mariscadores e percebeiros da zona, dado que está encallada nunha área relevante produtiva de percebe” é de coña.
    Unha de dúas ou vos meteron unha “entroidada” ou non visitástela zona. Por favor, se onde está nin hai mexillóns.
    Que conste que non digo que non se retire, pero que hai que ser un pouco máis rigorosos, si.

  2. É unha peniña que dende terra non se vexa, e polo tanto que non se valore, a riqueza que ten toda a nosa costa e que verquidos e chatarra estean acabando con unha forma de vida que é o sustento de moitas familias.
    A carón desta gabarra hai moito percebe. Seguramente “un calquera” dende terra non o ve, pero está ahí. O oxído pode afectarlle a este banco de percebe e así o temos denunciado dende o pósito de Aguiño, sen moito éxito:

    “O depósito de Aguiño teme que o óxido afecte aos bancos de percebe…”

    http://www.lavozdegalicia.com/barbanza/2009/04/21/0003_7665620.htm?idioma=galego

    “...Os mariñeiros e percebeiros que adoitan faenar polas inmediacións solicitaron a retirada da plataforma para evitar unha posible contaminación da costa.”

    http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2009/02/12/0003_7523415.htm?idioma=galego

    Vai para 9 meses, ven o inverno encima, e a gabarra sigue aí. Agradezo o apoio do BNG e pido un pouco de respecto coa nosa costa e o noso medio de vida e que os que gobernan busquen unha solucion canto antes.
    Saúdos

  3. Para mariñeiro de outro mariñeiro.
    Non teño por costume falar ou escribir sen antes asegurarme do que vou dicir. Estiven a carón da gabarra e alí nin hai percebes, nin case mexillóns. O dos percebes supoño que é debido a que nesa zona apenas baterá o mar e tamén porque esta a carón dunha pequena cala, ou non?
    Non son experto na materia, pero de todos os contaminantes que se tiran ao mar, o ferro xunto co oxido son os menos contaminantes, outra cousas son os restos de pinturas que se retiran aso barcos para pintalos de novo nas ramplas, xa que moitas dese restos de pintura levan chumbo.
    No meu comentario so pedín ser un pouco máis rigorosos na nova e calquera pode achegarse á gabarra e comprobalo que digo eu ou vostede.
    Poden empezar a carón do Faro onde verán os primeiros percebes.
    Por último vostede mesmo o di, a gabarra leva alí 9 meses… iso é dende xaneiro e na Xunta curiosamente tamén gobernaba o BNG. Daquela non contaminaba?

  4. En primeiro lugar, sorpréndeme que a un mariñeiro lle preocupe máis o secundario que o importante: para min o importante é que esa chatarra se saque de aí canto antes. O secundario e ademáis moi relativo é o que se entende por “a carón”. Vostede mesmo afirma que a carón do Faro hai percebes: aínda que só así fora, acaso a gabarra non está a carón do Faro?

    Eu tampouco son experto, pero non fai falta selo para ver que hai cousas máis contaminantes. Lembro, pola súa gravidade, como quedou toda a costa, e tamén esa do Faro, Balieiros e o Corgo, chea de chapapote; tocoume limpar coma moitos, cando foi do Prestige, mentres Rajoy nos falaba de “hilillos de plastilina”. Vexo a diario as consecuencias da falta de depuración na Ría da Arousa, coa decantadora do Touro vertendo directamente sen depurar, co emisario roto dende fai anos e con verquidos directos no mesmo porto de Ribeira. Vexo a basura inundando o porto de Ribeira… Aínda así non lle podemos quitar a importancia que ten este tema. O óxido a vostede non lle parecerá moi contaminante, pero a verdade é que aos percebes non lle senta nada ben.

    Polo tanto, se fala de ser rigoroso non tome a “coña” que nos preocupe aos percebeiros e mariñeiros, sobre todo de baixura, que a gabarra siga aí máis de 9 meses despois de encallar. Tampouco me parece moi rigoroso dicir que alí non bate o mar: como chegou a gabarra a onde está logo?

    Por último, polo que sei, o BNG non goberna, nin gobernaba daquela, nin na Consellería de Pesca, nin no Estado. E, que eu saiba, é o único grupo político que de momento se interesou pola retirada da gabarra. Polo tanto, reitérolle a miña gratitude, e agardo que o PP, que goberna en Ribeira e na Xunta, e o PSOE, que goberna no Estado, poñan o mesmo interese e remen todos xuntos para que esa gabarra sexa retirada canto antes. Non espero menos e agardo que vostede, se é tan rigoroso como di, tampouco.
    Saúdos

  5. De mariñeiro a mariñeiro.
    Isto foi o que dixen no primeiro comentario: Que conste que non digo que non se retire, pero que hai que ser un pouco máis rigorosos, si.
    Falo de retirala, si. Falo de ser rigorosos, si.
    Dende o Faro ata a gabarra aínda hai un pequeno treito, ou non?
    Non tomei fotos porque non teño cámara, pero se é bo mariñeiro, cre que nesas pedras brancas que vemos na foto hai percebes?
    No tocante a basura estou totalmente de acordo con vostede, pero non me negara tamén que os mariñeiros somos os primeiros en contaminar.
    Sobre o Prestige mellor non tocalo, eu tamén manchei as mans co chapapote, pero tamén coñezo xente que vivindo do mar mirouno dende a televisión. É curioso o deste barco, parece que en catro anos non soltaba nada e agora de pronto esta perdendo de novo petróleo. Lease pregunta estes dias de Bieto Lobeira sobre a perda de petróleo.
    É certo, o BNG non gobernaba en ningún deses sitios, pero por qué pide agora a súa retirada e non antes? Contamina máis agora?
    Lembro que non fai moito os veciños de Ajiño estabades en contra dunha piscifactoría moi preto de aí e curiosamente os únicos que non ían a manifestación era o BNG ou no?
    Un apunte: que bata o mar non significa que teña que haber percebes, o mar tamén bate nas praias e alí non se dan, ou si?
    Con isto dou rematado este desencontro e agardemos que máis axiña que máis tarde saquen o ferrancho.

  6. Bueno, si, será mellor deixar o tema porque coido que de seguir con el o desencontro continuaría, porque discrepo da maioría de cousas que vostede di:

    1.-Nas pedras brancas non hai percebes, non chega o mar a elas, como moito en mareas vivas. Pero a poucos metros, nas que están somerxidas no mar, si que hai marisco.
    2.-Non considero que os mariñeiros sexamos os primeiros en contaminar. A non ser que nos cargue co morto de limpeza de sentinas e cousas así, que non dependen dos mariñeiros, senón de políticas empresariais de poucos escrúpulos.
    3.-Con respecto ao do Prestige, tomeime a molestia de mirar a hemeroteca e a verdade é que atopei moitas iniciativas de Bieito Lobeira a respecto deste tema durante estes últimos catro anos.
    4.-É evidente que canto máis tempo pasa o potencial perigo de contaminación desta gabarra é maior. En todo caso, a finais de febreiro nos medios de comunicación informouse que había varias empresas interesadas en desmontar esta gabarra. O tempo foi pasando e preto de 9 meses despois a chatarra segue no mesmo sitio e o inverno non creo que lle sente moi ben.
    5.-Falando de piscifactorías, tamén mirei tanto a hemeroteca como este mesmo blog. Pode comprobar que ten un tema adicado ao Plano Acuícola onde se pode ver a implicación do BNG neste tema, así como fotos e mesmo un vídeo no que se ve a súa participación na manifestación de Corrubedo.

    En fin, conclúo co mesmo desexo que nos une, que retiren esa chatarra dun lugar tan privilexiado da nosa costa canto antes.

Responder a un mariñeiro Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.