Reclamamos melloras no Hospital da Barbanza

O BNG co Comité e Empresa do Hospital da Barbanza

O BNG presentou unha iniciativa no Parlamento para interesarse, unha vez máis, por actuacións pendentes no Hospital da Barbanza como a evolución das listas de espera, a dotación de celadores e máis persoal, a posta en funcionamento do heliporto ou a paralización na construción do centro de saúde mental, entre outras.

A mellora da calidade e atención do sistema sanitario público constitúe unha prioridade para o BNG. Só os servizos públicos garanten o acceso igualitario ao mesmo e poden verificar o dereito á saúde.

Dende a chegada do PP ao goberno da Xunta observamos con preocupación os intentos privatizadores do goberno, así como, a falta de actuacións dilixentes encamiñadas a mellorar a resposta do noso sistema sanitario público. Concretamente, no Hospital da Barbanza observamos unha despreocupación por mellorar os servizos que oferta á poboación, así como parálise en actuacións que estaban postas en marcha.

Podemos sinalar, a paralización da construción da unidade de día e de saúde mental, a falta de capacidade para poñer en funcionamento o heliporto ou unha evolución das listas de espera que nos preocupa, en canto constitúe un dos principais problemas que lastra o funcionamento do sistema sanitario público.

Esta situación ten a ver coas deficiencias coas que nace este hospital. Deficiencias que a pesar da integración do mesmo no sistema sanitario público (coa eliminación das fundacións) aínda se deixan sentir. Así este hospital (xunto co da Costa da Morte) son os únicos que non contan con celadores, cunha sobrecarga do persoal do mesmo que incide no seu funcionamento.

A respecto da dotación de celadores, o Pleno da Corporación Municipal de Ribeira, a iniciativa do BNG, aprobou por unanimidade un acordo para a dotación deste perfil profesional no Hospital da Barbanza. Agardamos, pois, que o Partido Popular respalde tamén esta iniciativa parlamentar e que a Xunta dote de celadores o Hospital da Barbanza.

Iniciativa parlamentar:
20100222-preguntas-varias-hospital.pdf

3 comentarios en «Reclamamos melloras no Hospital da Barbanza»

  1. entón cando chegarán os celadores? non entendo como profesional que a xente que traballa en cee e en Barbanza sexan personal de segunda, que teñan que facer duas tarefas nun posto, que estén discriminadas polo sergas e polas direccións destes centros, qeu so pensan e aforrar cartos a costas dos profesionais e dos usuarios…
    deben vir os celadores a estes centros, agora son do sergas
    moitas grazas desde aqui o BNG que polo menos non mira para outro lado.
    saudos Dominga e o seu equipo.

Responder a sanitaria Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.