Reclamamos a construción do peche do campo da Fieiteira

O BNG reclama a construción do peche do Campo da Fieiteira

O BNG solicitalle novamente ao goberno do PP a construción do peche perimetral do campo de fútbol de herba artificial da Fieiteira

Tamén demandamos que se dote aos banquillos para os equipos con mobiliario acaído e acorde aos tempos nos que estamos

O grupo municipal do BNG xa ten reclamado en numerosas ocasións a posta en marcha do campo de herba artificial da Fieiteira. Como é sabido o propio o BNG xestionou ante a Deputación da Coruña a entrega desta instalación deportiva ao noso concello coa finalidade de poñela a disposición dos clubes e da cidadanía do noso concello en xeral.

Tamén solicitamos, con data 27 de agosto de 2007, que se acometera o peche perimetral do campo para evitar que entren persoas non autorizadas ás instalacións deportivas, evitar que se escapen balóns, etc.

Como até o momento nin se dou resposta á solicitude do BNG nin, e o que é máis importante, tampouco se realizou a obra, volvemos a facer nosas as reivindicacións dos usuarios e usuarias desas instalacións deportivas, reclamando novamente diante do Goberno do PP a construción do peche.

Asemade entendemos que unhas instalacións novas como estas deben ter uns banquillos para os equipos, dignos, feitos con algún tipo de material sólido e adaptado ás novas construccións deportivas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.