Reclamamos a apertura do Centro de Día de Ribeira

Dominga Brión, Ana Álvarez e Xosé Luís Groveiro diante do Centro de Día

O BNG ven de presentar unha iniciativa municipal pola que lle solicita ao goberno do PP que informe das xestións realizadas para axilizar a apertura do centro de Alzheimer de Ribeira.

Tamén reclama que o goberno municipal inste á Xunta de Galicia á inmediata apertura do devandito centro.

O Goberno municipal do PP leva atrasando a apertura do centro de día de Ribeira dende hai máis de tres anos.

O local, pertencente a Caixa Galicia, situado no entrechán do nº 24 da Rúa do Malecón leva rematado dende o ano 2006: en abril dese ano unha delegación da Vicepresidencia da Xunta coa Secretaria xeral de benestar e a delegada provincial visitou este local e comprometéronse a que este centro (que en principio ía ser un local social de ocio para persoas maiores) fóra un centro de día para persoas con demencias.

En xullo de 2006 faise o informe técnico e conclúese que non cumpre cos requisitos de accesibilidade xa que está nunha entreplanta e non conta con ascensor. A solución para a colocación do ascensor supoñía facelo no lugar que ocupaba un transformador de Fenosa.

Pese ao compromiso do goberno municipal para axilizar os permisos e licenzas que permitiran realizar estas obras (traslado do transformador e colocación do ascensor) non se realizaron ata o ano 2009.

O 25 de agosto de 2009 a Conselleira de Traballo Beatriz Mato, nunha visita a Ribeira comprometeuse a que o centro estaría en funcionamento a principios de 2010. O 29 de xaneiro de 2010 nun medio de comunicación o goberno da xunta informa que se ía atrasar a súa posta en marcha xa que “falta mobiliario e dotalo de persoal”.

Con data de 26 de febreiro a Consellería de Traballo e Benestar informa no parlamento galego que “a entrada en funcionamento terá lugar en aproximadamente un tres meses” o que nos sitúa a finais de maio.

O goberno do PP tanto a nivel municipal como na Xunta segue atrancando a apertura do centro de día de Ribeira.

Máis información…

Nova na Voz:
BNG reclama a inmediata apertura do centro de alzhéimer de Ribeira

Un comentario en «Reclamamos a apertura do Centro de Día de Ribeira»

  1. si amigos do BNG,cando abre este centro de dia? parece a obra do escorial,no é por ser suspicaz, pero é necesario pra os usuarios e para os que estamos esperando para poder traballar ahi si é posible.
    por certo sabedes algo se va a ser de xestión privada ou da xunta de galicia? falan de que o xestiona á asociación de alzheimer ou geriatros…
    esto sera como sempre para contratos precarios e de amiguismo
    necesitase traballo nesta comarca
    moitas grazas

Responder a eu Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.