Que se comproben as alturas do Mirador de Padín

Dende o BNG vimos de reclamarlle ao Goberno do PP que se comprobe se a urbanización Mirador de Padín, se axusta á normativa vixente, especialmente no tocante a alturas, retranqueos, ocupación e edificabilidade

Do mesmo xeito, solicitamos que, de non ser así, se proceda á súa paralización inmediata e á restitución da mesma á legalidade vixente

Tamén demandamos que se autorice ao Grupo Municipal do BNG o acceso ao expediente desta obra

O BNG ten denunciado reiteradamente a nefasta xestión do Goberno Municipal en materia de urbanismo. Agora temos que denunciar tamén a política de escurantismo que nesta materia quere impoñer o PP, negándolle a este Grupo Municipal o acceso aos expedientes de obras que tivemos durante todos estes anos, mesmo téndoo solicitado por escrito nalgúns casos dende hai máis de mes e medio.

Ribeira conta cun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que, pese ás súas deficiencias, e as reiteradas demandas do BNG, segue sen adaptar á Lei do Solo tendo xa rematado o prazo establecido para facelo en xaneiro do 2006.

Pero, ademais, o PXOM, nunca será un instrumento eficaz por si só se o equipo de goberno non pon en práctica as necesarias medidas de control que verifiquen, por exemplo, que as obras realizadas se axusten ás licencias outorgadas. De non ser así produciranse graves incumprimentos e agravios comparativos. Son múltiples as queixas da cidadanía de Ribeira neste sentido.

Este parece ser o caso da obra de que se está levando a cabo na Rúa do Comandante e da que o BNG ten recibido queixas da veciñanza no senso de denunciar agravios comparativos no relativo especialmente a alturas. O Goberno Municipal concedeulle, por convenio, baixo, 5 plantas e baixo cuberta. Polo que se pode apreciar a simple vista, aparenta máis alturas que as que se recollen na licencia.

Iniciativa municipal:
2008-40-23-mirador-de-padin.pdf

6 comentarios en «Que se comproben as alturas do Mirador de Padín»

  1. Otra vez protestando por lo que parece totalmente legal. Ese edificio solo puede molestar a los envidiosos, a los que les ofende el progreso o a los que quieren una Riveira encerrada en si misma. Mucha gente de fuera vendrá a traer riqueza de la que nos beneficiaremos todos. Por otra parte no escuché a nadie, a parte del BNG, quejarse de nada. ¿Por que no os ocupais de cosas más importantes que realmente interesen a la gente de Riveira?

  2. Nun lugar dunha parroquia de Ribeira, estase a construir o cerramento dunha finca, cun retranqueo o eixo do camiño de 4,00 metros, como contan nos “libros”….. pois resulta que como o mencionado camiño ten de longo o mesmo que de revirado ( ten bastantes curvas ) e a Ordenanza Municipal mandou a revisar as medidas, e encontrou unha negligencia por parte do promotor ( dono da finca) na marcaxe do mencionado cerramento = Nun cacho de cerramento nuha desas curvas Non tiña os 4,00 mts o medio do camiño, senon que cerraron os 3,80 mts. …
    A min gustariame que lle foran a botar o metro a unha das esquinas da obra que se está a construir en Fafian, na esquina da rua que tira pa Frións, e que o fagan co mesmo metro que mediron o cerramento que menciono mais arriba, pois eu tireille unha medida….asi de resfilón… e dame que o medio do camiño, cuarta arriba, cuarta abaixo, está a 3,00 mts. da estructura do edificio, case que o mesmo que queda na rúa de detrás do Concello, nesa obra nova que se está a construir, e poderíamos seguir facendo moitos mais comentarios deste tipo de actuacións, pero o mellor estou engañado.
    Se esto e progreso mais nos valera botar 20 anos en Stamby.;
    Eu persoalmente, respeto a tua opinión, Mia, pero coido que un peliño si que te engañas..
    Saúdos.

  3. Tes moita razón Mía, estes do Bloque protestando por todo. Co ben que nos vai a todos os especuladores, sobre todo aos peperos e familia, e veñen estes a fastidiarnos o choio. Non nos chegará con que a Xunta non nos recalifique o chan industrial para poder facer unha bonita urbanización en Aguiño e Palmeira, nin coa lei de protección do litoral que tampouco nos deixa construir na praia como nos gustaría, que aínda teñen que vir estes a liala máis. Denuncian infraccións, queren máis vivendas protexidas, normas do habitat… a onde vamos a parar!!

  4. ESTO VAI PARA Mía:

    1ªSeguro que tí non tes unha casa ao lado deste edificio , nin tes unha finca ao lado onde non podes edificar máis que dúas alturas ¡que casualidade! uns poden e outros non.
    2ª-¿E ti crees que son os de fóra os que nos van a traer riqueza? ...¡cómo non curremos os de aquí!
    3ª-Si a tí gustánche este tipo de edificiacións e apoias este tipo de urbanismo debes viaxar un pouco para ver que hai formas de progreso que non están reñidas con construccións salvaxes….
    4ª-este edificio publicitouse como de 5 alturas…pois da unha volta e conta cos dedos as que leva …logo fala de legalidade.
    5ªVai por Deán e preguntalle aos veciños que nos parece este edificio.

    saúdiña para todos

    Paco

  5. No pretendo discutir por discutir. Tampoco entrar en suposiciones o en pareceres personales. Pero lo que ya es el colmo es que el BNG diga ahora que no a este edificio que, como dijo el propio alcalde, esta aprobado con sus votos a favor.
    La verdad siempre por delante.
    Bye

  6. Mia, convén non lear as cousas e que cada quen asuma as súas responsabilidades e as consecuencias dos seus actos. Pola información que teño, e teño bastante porque me toca de preto, ese edificio é froito dun convenio entre o goberno do PP e gadisa que, xa no seu momento, o BNG votou en contra. Despois de aprobado o PXOM tivo que ir novamente a Pleno ese tema e unha vez máis o BNG volveu a votar en contra. Iso está recollido nas actas de pleno que son públicas e calquera veciño ou veciña pode comprobar esta información no arquivo municipal que está na última planta do Concello, como fixen eu.
    A aberración urbanística que se da nesta urbanización, nun concello no que hai moitas, lévase a palma. Os agravios comparativos con respecto ao entorno no que está claman ao ceo.
    Esa é a verdade e o demais son contos.
    Abur

Responder a Avalón Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.