Proxecto e documentación das obras da estrada de Aguiño

Ante a controversia do amaño da estrada de Aguiño, colgámosvos aquí o proxecto completo.


O emblema do BNG é a transparencia, participación e información e isto pode verse nesta web na que colgamos a información de tódolos plenos, orzamentos e documentos de interese. Algo que non se fai nin na web do Concello de Ribeira.


Historicamente reclamamos máis participación veciñal nas decisións políticas e máis transparencia ante o que sempre topamos coa contra do PP. Por que será? Interésalles o escurantismo. Mocións: transparencia e participación veciñal.


Que pasa coas obras da estrada xeral de Aguiño (Francisco Lorenzo)?


Esta obra está levantando polémica entre a veciñanza Aguiño. Obras. BNG Ribeirade Aguiño, xa que non conta co respaldo da xente do lugar nin tiveron oportunidade de participar do proxecto. Esta é a maneira de gobernar do PP, chegan e impoñen as reformas e obras sen contar coa participación veciñal. As obras van entre a Rúa Lagarto até a rúa Carreiro e supón cambios de direccións e pasos elevados. En palabras de Manuel Ruíz a obra “irase facendo e xa despois se verá sobre a marcha o da dirección e as demais cousas”. As obras faranse despois das eleccións o que nos leva a pensar que o alcalde quere un cheque en branco e prometerá unha cousa para logo incumprir promesas e facer o que lle praza despois das eleccións se sae elixido como xa ten ocorrido.


O obxecto e descrición das obras di textualmente: “mellorar a seguridade viaria da zona conferíndolle á vía o carácter urbano que ten. Por isto, no proxecto contémplase a implantación dun único sentido de circulación cun carril de 4m e unha banda de aparcamentos en liña de 2,50 m.


A postura do BNG é a seguinte; os cartos da deputación non deben rexeitarse nin deixarse perder (464.877€) xa que supoñen melloras no saneamento pero a veciñanza debe ser copartícipe dos proxectos e obras que se realizan, nunca ser impostas á forza. Un goberno do BNG primeiro reuniríase cos veciños e veciñas para avaliar as necesidades e, en base a elas, realizar un proxecto que poida ser de todos e todas.


Desde o BNG pensamos que o Concello e a veciñanza afectada deben chegar a un acordo, ambas partes deben ceder e ver vantaxes e desvantaxes. Para iso é necesario participación, cousa que o PP nunca quere nin fai.

DocumentosAguiño Plano proxecto. Proposta-da-Alcaldia Proxecto-mellora-da-seguridade-vial-e-Renovación-de-servizos-Aguiño.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.